Por se andades despistados, cóntovos que hoxe comeza a 38 Edición da Feira do Libro de Vigo. Por moito que rebusco, non atopo a axenda completa do evento, só novas, pero cónstame que a última fin de semana haberá libros de agasallo con cada compra, que teremos presentacións de libros de moitos dos nosos autores e, que carallo, que vai haber libros para disfrutar nun bonito paseo pola Plaza de Compostela!
*Na Axenda da AELG van poñendo os eventos destes días, a falta de axenda, pode ser útil.
29/06/12
25/06/12
Arrastraba tras de si unha ringleira de edificios
Arrastraba tras de si unha ringleira de edificios
dende que a cidade lle guindara o seu pesado ceo nos ombreiros.
Dende aquel día que se trabucou.
Confundiuse e chorou no canto de durmir.
E chorou 8 horas, como mandan os médicos.
dende que a cidade lle guindara o seu pesado ceo nos ombreiros.
Dende aquel día que se trabucou.
Confundiuse e chorou no canto de durmir.
E chorou 8 horas, como mandan os médicos.
23/06/12
GUSTOUME... (3)
Chegou o verán. Aviso, por se se vos pasou.
E que houbo de novo esta semana? Pois, aparte das miñas vacacións, unha semaniña que remata tan subitamente como chegou, algunhas caralladas que descubrimos pola rede.
Para quitar a fame, unhas hamburguesas con piña. Di si á piña asada! E facendo nós o pan da hamburguesa xa triunfamos
Como facer unha libretiña cosida.
Descubrín que nos 80, Apple lanzou unha liña de roupa. Coidado, poden arder as retinas.
Unha nova entrada de Cómo no ser una drama mamá. Sempre saca unha risiña.
O booktrailer de Dragal, a triloxía de Elena Gallego publicada por Xerais.
Gústanme as bicis clásicas (aínda que en Vigo o da bici non é unha opción, alomenos para min) e aquí véndenas ben bonitas.
E máis de bicis, unha iniciativa ecolóxica para a mensaxería en Vigo.
Seguindo por Vigo, alternativas para ir de compras fuxindo das grandes cadeas. Encántame Terra de Baol e tamén Vilma, claro que para esta si que hai que aforrar abondo...
Unha imaxe vale máis ca mil palabras.
Un póster molón. E outro máis:
Non lle facía eu asco ningún a vivir neste "apartamentiño".
Esta casa éme branca de máis, pero qué cociña...
Ei, e eu tamén actualicei, vístelo? [1] [2] [3]
Boa finde!
E que houbo de novo esta semana? Pois, aparte das miñas vacacións, unha semaniña que remata tan subitamente como chegou, algunhas caralladas que descubrimos pola rede.
![]() |
| De tengounhornoysecomousarlo.com |
Como facer unha libretiña cosida.
Descubrín que nos 80, Apple lanzou unha liña de roupa. Coidado, poden arder as retinas.
Unha nova entrada de Cómo no ser una drama mamá. Sempre saca unha risiña.
O booktrailer de Dragal, a triloxía de Elena Gallego publicada por Xerais.
Gústanme as bicis clásicas (aínda que en Vigo o da bici non é unha opción, alomenos para min) e aquí véndenas ben bonitas.
E máis de bicis, unha iniciativa ecolóxica para a mensaxería en Vigo.
Seguindo por Vigo, alternativas para ir de compras fuxindo das grandes cadeas. Encántame Terra de Baol e tamén Vilma, claro que para esta si que hai que aforrar abondo...
Unha imaxe vale máis ca mil palabras.
Un póster molón. E outro máis:
![]() |
| Visto en nometoqueslashelveticas.com |
![]() |
| Vía Vintage & Chic |
![]() |
| Via Rue Vintage 74 |
Boa finde!
22/06/12
21/06/12
Os amores non se enfían
Hai amores contrafeitos
que se tornan parafuso,
premen na carne a súa ferruxe
en avance helicoidal
cara ao corazón
cara ao orgullo
cara ao erro.
Hai amores contrafeitos
que resultan ser chanzos,
que te empurran na distancia
cara a embaixo
cara a enriba
cara a outro.
Hai amores contrafeitos
que non son máis ca un ensaio
para min
para ti
para nós.
![]() |
| Ilustración de A. Buenafuente |
19/06/12
Negro e gris
![]() |
| Ilustración para a Dot:43 |
Esta é a ilustración que aompaña ao texto de Sergio Lagartija deste mes de xuño na Revista Dot, que podedes ler online en Issuu aquí.
A mín ségueme gustando máis a do número anterior, a Dot:42, esta:
![]() |
| Ilustración para a Dot:42 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








