Cando chegaches, o cuarto estaba en branco e negro,
soaba Koko Taylor,
a luz era tenue
e eu levaba aquel vestido dunha peli de Hitchcock
(dunha calquera).
Tardei un anaco en colorear a estancia,
e ti agardaches á porta,
nun Porsche 911 do 69
co motor en marcha.
Eras Cary Grant e eu...
eu era algunha muller máis fermosa,
máis esbelta,
máis elegante.
Pero conducindo polas reviradas estradas da costa
perdimos ese look dos sesenta
e volvimos ser pop
con abrigos de pano longos,
ollando o mar;
as lapelas cubrindo o rostro
e os cabelos bailando no ar.
Con música de fondo,
ten que haber música de fondo,
paramos o tempo
(só ti sabes como)
e das apertas erguímonos espidos,
feitos de velcro e aloumiños
nun suspiro e un sorriso.
E ata aquí podo ler...
soaba Koko Taylor,
a luz era tenue
e eu levaba aquel vestido dunha peli de Hitchcock
(dunha calquera).
Tardei un anaco en colorear a estancia,
e ti agardaches á porta,
nun Porsche 911 do 69
co motor en marcha.
Eras Cary Grant e eu...
eu era algunha muller máis fermosa,
máis esbelta,
máis elegante.
Pero conducindo polas reviradas estradas da costa
perdimos ese look dos sesenta
e volvimos ser pop
con abrigos de pano longos,
ollando o mar;
as lapelas cubrindo o rostro
e os cabelos bailando no ar.
Con música de fondo,
ten que haber música de fondo,
paramos o tempo
(só ti sabes como)
e das apertas erguímonos espidos,
feitos de velcro e aloumiños
nun suspiro e un sorriso.
E ata aquí podo ler...
Gústame o que podo ler, o resto vouno imaxinar pechando os ollos e oindo esa música de fondo...
ResponderEliminarApertas.
Que envexa, eu tamén quero vivir en cinemascope :)
ResponderEliminarConvertir a Cary Grant en un mod, o a Rita Hayworth en una diva pop!!
ResponderEliminarSi no recuerdo mal eran los Ocean. Tiempo hacia que no los escuchaba.
Besos reencontrados
Cunha copa de mencía e en cinemascope. Asi calquera!
ResponderEliminarO meio quilo de laranxas que nos regalaches foi unha delicia/ledicia, o seu xugo escorregou pola miña gorxa coma ondas da Lanzada e, de súpeto, sentinme pegar curvas ó ritmo dunha música luminosa e suave coma un horizonte.
ResponderEliminar