30/03/10

John Doe

 Dóeme un dedo.
Cando era pequena chamábase a puñeta.
Agora chámase o corazón.
A misma cousa é...

É a mesma puñeta que esnafrei contra aquel coche,
lembras, mamá? Cando abrín tamén a cabeza?
Vaia se lembras...
Abríraselle unha boa raxa,
ao dedo,
e facíame as curas un enfermeiro que se me parecía a Felipe González.

Pero claro, co da cabeza o dedo non levou protagonismo,
debe ser por iso que se me queixa vinte anos despois.

Está gordo e barrigudo,
pouco mol e decaído,
doe ao dobralo cara a dentro,
e doe ao estiralo cara a fóra.

Maldita puñeta,
será de usala pouco.

Vou ir ao médico
(eu non quería, pero leva así unha semana e o Flaco púxoseme perrenchudo)
e direille
"Mire usté,
dóeme a puñeta dereita
e, como son zurda,
non lle é a man de insultar,
nin de escribir, nin de pintar,
debe queixarse de pouco uso,
e iso que o teclado non discrimina entre maus".

(É que nós dicímoslle "mau", coma a cervexa)

E el dirame algo de médicos...
por non facerme a puñeta.

Pero aínda a ha erguer cando marche,
porque unha puñeta dorida é para a medicina
como cortar as puntas para a perruquería:
un aburrimento.

Eu digo por avisar:
se vedes unha moza facendo a puñeta
por Príncipe adiante,
vai ser que son eu,
que teño que practicar.

13 comentarios:

  1. Pois si que te inspirou o dediño pocho eh!!!
    Ponte boa!!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias :D Teño médico ás 6 e pico, a ver se non me manda facer puñetas logo, jajaja. Bicos!

    ResponderEliminar
  3. En Ourense dicimos mao... coma o tung... sempre quixen ser zurdo...

    ResponderEliminar
  4. Non é bo aturar a dor, que eso sí que é unha puñeta!
    E cando doe unha cousa, mesmo semella que todo vai dar nela; á que si?

    Un bico dende a Chousa

    ResponderEliminar
  5. Vai ser que os nosos membros, puñetas incluídas,
    teñen mais memoria do que pensamos e lémbranse dos golpes recibidos moitos anos atrás, rancorosos e puñeteros que son.

    ResponderEliminar
  6. :D

    Me encanta!

    Puñeta y corazón no son sinónimos: son sinoníssimos :)


    Mua.

    (Cuídateme)

    ResponderEliminar
  7. Qué guachi o poema, encántame... pois ala, a darlle uso ao dedo corazón!

    ResponderEliminar
  8. Gracias, gracias :)
    Espero actualizar pronto! Volvede para a semana a ver, jajaja :*

    ResponderEliminar
  9. alaaaaaa que chulada tíaaaa! ¡bicos!

    ResponderEliminar
  10. Non é cousa de que se perda ;)))
    Atopeite na cova do Raposo. A ver se non te extravío...

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  11. Anótote ao reader, setesoles! Lémonos!

    Ana! Graciaaaaaas! :)

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS