31/08/12

E máis vacacións!

O CUVI, sinistro microclima
A semana de vacacións pasou voando, coas súas festas, familia e visitas, pero crédeme ben que a volta pasou leeeeeentaaaa e cheíña de traballo.

Quen dixo que en agosto non había traballo? Mentía, iso asegúrovolo.


Así que agora me tardan máis ca nunca as dúas semaniñas de repouso e viaxe que nos tocan. Espero traer moita foto, moito debuxo e moita inspiración de volta.


Ademais, marcho cos deberes feitos e ben contenta :)


Por se aínda hai algún de vós por aí léndome, estarei por aquí ata o día 6 con algunha cousiña! Non hai Gústame ata despois de vacacións, pero sempre hai algo que enseñar, coma  esta ilustración de Amaia Arrazola (xa vola recomendei máis veces, pero é que mola!):

Daisy&Rosie, de Amaia Arrazola

Boa finde e boa entrada de mes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dime que pensas...

ETIQUETAS