28/02/13

Cambio de imaxe

Se entrastes ler isto ou vos pasastes por aquí ultimamente non é nada novo o que vos conto, pero a gramática cambiou de imaxe!

Non estiven folgando todo este breve mes de febreiro, senón aplicándome en darlle un novo aire ao blog. E xusto onte puxen os toques finais... polo menos por agora!

Grazas a un cursiño online que penso que foi unha boa inversión, púxenme mans á obra e aprendín a darlle forma ás cousas que quería cambiar. Axudaron tamén os pinceis de Photoshop para descarga gratuíta e moito argallar pola rede para procurar ideas. O resultado é este que vedes, cun perfil actualizado, as seccións para atopar as cousiñas ben no seu sitio. Ademais do perfil de Pinterest que xa coñecedes, onde colgo as imaxes que me gustan e inspiran, ando agora tamén en Twitter, chiando, como din agora. E coma sempre, tedes a suscrición ao feed RSS*.

Espero que vos guste. Agora, toca seguir dándolle contido!
Apertas!



______________
*Pregúntaste que raio é un feed RSS? É o enlace que se usa para engadir un blog ou páxina con RSS (con actualización de contidos notificada, por chamarlle algo) a un lector. Lectores de feeds hai uns cantos, eu, por exemplo, uso Google Reader: engádense a el as subscricións e tes todas as actualizacións dos teus blogs favoritos todas xuntas, sen ter que ir navegando entre enlaces de favoritos.  
ACTUALIZACIÓN 14/03/2013:  Google vén de avisar de que pecha o Reader... a ver que alternativa atopo! Menuda peniña!

3 comentarios:

  1. gústame moito a imaxe do blog. vese que o investimento no curso pagou a pena!
    :)
    [se ando sempre cambiando os mobeis de sitio, imaxínate a imaxe do blog! cando teña tempo tiña que facer eu un curso deses...]

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa che vin os globiños! Pois íbache molar, a min esto de aprender das novas tecnoloxías tenme pampa :D Moitos bicos!!

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS