A nosa
lúa de mel comezou mooooi cedo. A viaxe polo menos. O martes erguímonos ás 4:30 da mañá, puxemos as farolas e subimos ao aeroporto. Primeira parada no aeroporto de Barajas (que
agora é un centro comercial pero coa comida carísima, parece ser) e seguinte voo ás 11:55 cara a Roma.
Serei sincera e direi que, aínda que me gustou moito, me decepcionou un pouco. Se cadra puxera a cidade nun pedestal na miña cabeza, se cadra era mala época, pero o ruído, as masas de xente e esas cousas non son o meu.
Foron tres noites e dous días e medio de moito (moito, moito) camiñar, así que cundeu e disfrutámolo. Si, a pesar do ruído e da xente. Porque unha lúa de mel é para disfrutar, faltaría máis.
Por certo, entrei en modo friki e tirei algunhas fotos panorámicas e esféricas co móbil. Podedes velas
neste enlace.
 |
A Fontana di Trevi. As fotos non lle fan xustiza, é impresionantísima. Mágoa de tropocentas persoas arredor... |
 |
Bicis e portas molonas. Váleme todo, vaia :) |
 |
As pombas son jodonas en todos laos. Piazza Navona, preciosa. |
 |
Este mercado parece unha postal, pero non o é. Os postos daba gloria velos. |
 |
En inverno, as taquillas para entrar ao Coliseo pechan ás 15:30 (WTF, verdade?). Quedades avisados. |
 |
O Baldaquino de Bernini en San Pedro. A basílica é pa' caer de cu. Unha marabilla arrastrando recordos de COU :) |
 |
Piazza da Republica. Sorpresa de camiño ao hotel: de día non sobresae, de noite parece Nadal... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...