E sigo coas fotos da viaxe! Xa sei que os contidos do blog están frivolizándose (que tampouco me quita o sono, se vos digo a verdade), pero haivos moito choio e sei duns cantos que prefiren que colgue fotos a esgalla pero que lle dea duro
a iso de escribir :) En fin, sigo contando:
Na nosa lúa de mel, despois de visitar
Roma, collimos un tren á belísima Florencia, onde pasamos dúas noites.
A cidade en si é preciosa, os monumentos están por todas partes e só camiñar pola zona do río xa é un pracer. O máis impresionante: a catedral. Para entrar nela hai que facer una cola de mil demos, e como o tempo non sobraba, tivemos que deixar pasar a oportunidade. Iso si, dende fóra, xa deixa a mandíbula frouxa!
Velaquí tedes unhas cantas fotos (si, estoume aficionando aos filtros, que lle vou facer). Espero que vos gusten!
 |
Nas paredes do Palazzo Pitti, uns cantos leóns observaban a cola para entrar. Este debía de estar preocupado... |
 |
O Ponte Vecchio, foto obrigada. E ben bonita, por certo. |
 |
A foto "con bichos" tamén é obrigada :) |
 |
A pesar do efecto, xuro que as cores brillan así ou máis: o Duomo, unha preciosidade. |
 |
O Duomo é imposible de meter nunha soa foto. Que barbaridades facían estes italianos... |
 |
Un paseo polos xardíns Bóboli e un oquiño para unha foto entre o xentío na Pza. Signora. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...