Teño un porrón de cousas e vou intentar filtrar. Intentar, palabra clave.
Empezamos con bonrollismo:
![]() |
Visto en muymolon.com |
E seguimos con tema cociña! Como non! A gochiña americana esta que me encanta trae un polo ao forno con ensalada de verduras asadas que hai que probar. E nun blog de receitas vexetarianas (ou veganas, creo) que sigo (é moi interesante, non digades bohp sen velo!) vin esta semana unha receita cunha pinta xenial!
![]() |
Coliflor tandoori con chutney de menta. Brutal. Visto en My New Roots |
E non pasarei de probar a facer chips de mazá caseiros! Creo que está aprobado para a miña dieta... e se non, vós caladiños e todos contentos.
Deixo o tema culinario cun post interesante sobre canto tempo se poden deixar os alimentos na neveira e no conxelador. Logo non lle faremos caso, pero aí está.
Algunha vez vos preguntastes como son os apartamentos das series? Pois Iñaki Aliste o que fixo foi debuxalos. Eu coido que hai algunha imprecisión, pero molan moitísimo.
![]() |
O apartamento de Ted Mosby, por Iñaki Aliste Lizarralde, visto en nometoqueslashelveticas.com |
Gústanme os cadros sobre o sofá. No meu caso, agora mesmo teño dous abstractos, pero a ver se un intento que teño en marcha sae como debe e vai para o lugar de honra.
Tamén me gustaron moito estes coxíns.
![]() |
Visto en decoesfera |
Tamén me gustou este xersei con ganchillo. Que cousas!
Cociñas! Hai cousas que non cambian. Estas son monéeeeesimas.
![]() |
Para a casita de campo :) Vista en decoestilo |
![]() |
E esta para min... Aiiii, que bonitiña! Vista en decoestilo |
Se necesitades novas estratexias para ser máis eficientes no traballo (e sufrir menos, enténdaseme), non deixedes de ver o blog thinkwasabi. Esta entrada en concreto, por exemplo, sobre a planificación intelixente, é moi interesante.
Para rematar, se vos queredes divertir un anaco, botádelle un ollo a esta "caixa de música". Divertidísimo, oiga.
Simplemente xenial!!
ResponderEliminarGracias! :)
ResponderEliminarBicos!