Se cadra estas ideas vos axuden...
Comezamos?
Pois comezo entón cun bo mantra:
"Fai máis do que te fai feliz", visto en Rue Magazine |
(moita verdá)
Estes pratos tan lindos son de Nuria Díaz. Só vos deixo unha mostra, coma sempre, pero non deixedes de visitar a súa web!
Visto en Nuria Diaz Ilustración |
E agora... Receitas! Esta, en concreto, é de Rechupete! Calabacín recheo de pisto de mencía e solomillos de polo... Soa ben!
E sei que non é o prato máis popular do mundo, pero a min a sopa de cebola pérdeme (co que chove mentres escribo estas liñas, máis). Esta receita ademais leva bacon e queixo gratinado nunha rebanda de pan. Pouco máis se pode pedir.
Sopa de cebola e bacon, ñam! Visto en Everyday Food |
Confeso que o mesmo día que vin a receita e a gardei para vola poñer aquí fixen a sopa. De lixeira non ten nada, de rica teno todo. Iso si, non se me caramelizou guai a cebola e quedou esbrancuxada. Non se pode ter todo.
Máis receitas loguiño! Téñenme boa pinta estes sándwiches e sopas, un bo almorzo, verdade?
Visto en A Beautiful Mess |
Paso correndo á decoración para deixarvos algunhas das imaxes que me gustaron, a ver que vos parecen!
Unha oficina acolledora, vista en Bohodecochic |
Nesta entrada hai un piso ben bonito, pero a min o que máis me gustou foron os coxíns...
Visto en Vintage&Chic |
Remato con algo molón. Bueno, todo é molón. Pero esto é vintage (léase vin-tá-ghe, porfaplease)... Neste enlace atoparedes unha selección de cabeceiras de series da infancia. Da miña polo menos. A volta ao mundo de Willy Fogg, Bola de Dragón, Fraggle Rock, Mofli... Ainsh! Que tempos!
Boa finde!
os coxíns si, pero as torradas están queimadas.
ResponderEliminar:-)
Ai, pero o grilled cheese ten que estar torradiño e crocante! :D
EliminarApertas!