26/06/13

Como mola...

... recibir na casa unha caixa chea de exemplares do meu libro! 

 

Chegaron o mesmo día 20 e inmortalicei o momento para que puidesedes ver a cara de parva que lle queda a unha cando ve o seu libro. Xa teño asinados algúns para os meus achegados... E o voso podo asinalo na Feira do Libro!

Por certo, grazas aos blogs das bibliotecas do CEIP Virxe do Carme de Burela  (o meu cole!) e do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao polas súas mencións e parabéns. Iso tamén mola :)

2 comentarios:

Dime que pensas...

ETIQUETAS