21/11/06

Click!

Douche un suspiro nun cofre para que lembres a miña pel.






Douche unha ollada nunha botella para que bebas os meus beizos.


(Pero débesme unha lingua que rompa silencios e un sorriso que me fabrique outra foto dunha nube coma esta)

01/11/06

A última noite

Sabedores do distanciamento, mirámonos con ollos tenros en silencio. O mundo evaporouse nun remuíño de nubes nocturnas coma se fose un debuxo animado. Xuraría que nun momento chegamos a dar voltas no centro da praza, esvarando en círculos sobre a pedra mollada. Aquela aperta durou meses; o bico de decisión para irmos á casa, semanas.

Camiñamos collidos da man, con olladas de esgueira trastes e inventoras, con moitos silencios e as verbas ben pensadas.

Camiñamos deslizándonos polos pasos de cebra sen mover os pés, coma nun efecto especial pouco logrado, fotograma a fotograma, coma se fosemos polo aire, coas cores difuminadas, nunha película con grao e po. Como a cinta era vella, ás veces a imaxe escorábase e tiñámonos que agarrar para non caer dela. Rimos ata que nos doeu a barriga e confundimos o riso con fame.

Camiñamos empuxando bágoas cara a dentro e tirando de sorrisos para fóra, inventando cada un o noso plan de acción para esta última noite.

Mirámonos con ollos tenros en silencio, co eterno medo ás despedidas pero coa pel a se despegar dos ósos, o sangue fervendo.

No taxi á casa, o alento profundo, as olladas pola ventá ás luces da noite, ti agochácheste baixo prendas convidadoras facéndome rir ante a ousadía. Catro euros noventa e cinco e a rúa seguía mollada. As pingas, grandes pero delicadas, buscaban o seu camiño á pel entre as fibras da roupa e aposto a que se evaporaban cun zumbido ó alcanzala. Se cadra as túas mans, a túa pel, puideron fundirse coa miña pel para que non puideras marchar, para que quedaras aí, escondido baixo a miña roupa, alleo ás inclemencias do tempo. Seica había mil chanzos ata a casa desta vez. Seica houbo un chanzo no que quixen deter o tempo e tiven a sensación de que ti tamén querías.

Hoxe lembro os detalles da nosa última noite. Os ollos tenros en silencio. O meu corpo sobre o teu, o meu ventre agarimando o teu, o meu sorriso bicando o teu. Hoxe aínda sinto as túas mans sobre cada milímetro da miña pel, aínda noto o teu alento no pescozo, no peito, en todas partes. Lembro as conversas, as coincidencias nas fantasías, as risas e os xogos espidos. Boto de menos as túas mans na miña cintura, onde deberían estar, apertándome contra ti, contra a túa pel, suorosa ou non, mol e convidadora.

Hoxe dóenme as pernas e iso dáme risa e dáme calafríos de botarte de menos. As pernas arrepíntense de non terte atrapado e apertado ata fundirte comigo, ata facerte parte desta eu pequeniña, deste corpo cheo de maniotas que ferve e latexa por ti unha e outra vez.

Intento buscar unha metáfora para definirche este proído no corazón, este botarte de menos, pero co baleiro que me quedou nas mans ao marchares non me dan os miolos. Só sinto esa dor nas pernas, a tensión, o movemento e a paixón transformados en maniotas, coma as dunha nena que correu ás randeeiras con toda a súa forza e coma se a perseguisen.

Pero son maniotas conscientes e obrigadas por se a algunha célula miña se lle ocorrese esquecerte. Por se a algún dedo de uña roída lle dá por non coller o lápiz e apuntar cándo nos veremos de novo. Por se ao deixar de sentir a pel de galiña e o estómago encollido non me segue a proer o corazón e a pedirme as orellas e os beizos que te chame cada minuto que pasa. Unha vez ao día déixolles facelo, ás veces máis. Así, ningunha célula de mín te esquece. Ningún dedo deixa de contar os días que quedan para que nos miremos en silencio, con ollos tenros, e deamos voltas sobre as rúas, onde queira que nos vexamos.




i'm calling from the diner
the diner on the corner
i ordered two coffees
one is for you
i was hoping you'd join me
'cause i ain't go no money
and i really miss you
i should mention that too



yes, i know what time it is
in fact, i just checked
i even know the date
and the month
and the year
i know i haven't been sleeping
and when i do
i just dream of you
dear



i miss watching you
drool on your pillow
i miss watching you
pull on your clothes
i miss listening
to you in the bathroom
flushing the toilet
blowing your nose



i'm calling from the diner
the diner on the corner
i ordered two coffees
one is for you
the cups are so close
the steam is rising
in one stream
how are you



i think you're the least fucked up
person i've ever met
and that may be as close to the real thing
as i'm ever gonna get
but my quarter's gonna run out now
or so i'm told
i guess i'd better go sit down
and wait for you
till my coffee gets cold

The Diner -- Ani Difranco

ETIQUETAS