Lembrades cando dixen que quería sacar máis fotos? Debe de ser o único propósito de ano novo que cumprín de verdade, de todo. Certo é que quedou xullo sen entrada, pero pode valer para retratalo esta entrada da Feira do Libro de Vigo, que á fin e ao cabo foi no mes. Novembro tampouco ten unha adicada tal cual, pero a viaxe a Roma, Florencia e Venecia ten que contar para algo.
Chegados a decembro, confeso que pouco teño que amosar, pero non podo rematar 2013 sen fotos, non podo non rematalo como comezou: cunhas botas e abondo frío.
Déixovos mostras dun paseo xunto ao mar furibundo de Burela, o río Xunco espléndido e os meus peuíños, de paseo á súa beira, este Nadal.
Comecemos este ano con azos renovados, desexos e propósitos novos e vellos e, sobre todo, coas mans bailando sobre os qwertys, que hai moito (pero moito) que facer.
Feliz ano!
Amosando publicacións coa etiqueta mes en fotos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mes en fotos b>. Amosar todas as publicacións
08/01/14
18/12/13
Venecia
Velaquí a última entrega das fotos da nosa viaxe:
A última parada en Italia da lúa de mel, despois de Florencia, foi Venecia.
Collimos tamén un tren e chegamos á illa polo que chaman a Via Libertà: unha ponte longuísima que só é carrís para coches e a vía do tren... ver ás gaivotas voar sobre o tren era un momentazo-zelda-spirit-tracks tremendo.
Frikismos aparte, chegar á cidade e cambiar as rúas con coches por canais con lanchas de góndolas fai que escape un sorriso. Ademais, en outono, parece que a cidade é ben máis agradable, aínda que a marea estea alta grande parte do tempo (e, en consecuencia, algunhas partes anegadas). Faise de noite cedo e a iluminación non é moi abundante, pero esta vila ben merece uns bos paseos.
Para min foi máis que inspiradora, coa súa atmósfera grisenta, coma Santiago na choiva, coas súas curiosidades coma tiradas dun conto e esa sensación de irrealidade. Ata o último día, o clima acompañounos e, malia o frescor do outono que xa se deixaba notar, disfrutamos de cada minuto da viaxe.
Aí non acabou a cousa, voamos a Madrid (chegar ao aeroporto en barco é unha pasada) e de alí a Gran Canaria. Como non vos quero mal, de aí non ensino fotos: todo foi deixar o cerebro líquido e relaxarse ao sol (eu á "sombrilla", pero vale igual). Unha grande viaxe, irrepetible. Espero que vos gustase.

![]() |
| Un conto acuático... |
![]() |
| Fermosas igrexas... medio anegadas. Ten o seu encanto. |
![]() |
| Portas ás rúas e portas aos canais, coas lanchiñas ao pé da casa // En moitas rúas hai pozos antigos coma este |
![]() |
| Piazza de San Marco con dous palmos de auga. Aos nenos non lles importaba o máis mínimo... |
![]() |
| Un clásico coñecido: O café Florian // Unha rúa dun clásico: Calle Tron! |
![]() |
| O león alado é o símbolo de Venecia, un símbolo precioso, se me preguntades a min... |
![]() |
| Baixo a choiva, este outro león ollaba tranquilo á xente pasar. |
11/12/13
Florencia
E sigo coas fotos da viaxe! Xa sei que os contidos do blog están frivolizándose (que tampouco me quita o sono, se vos digo a verdade), pero haivos moito choio e sei duns cantos que prefiren que colgue fotos a esgalla pero que lle dea duro a iso de escribir :) En fin, sigo contando:
Na nosa lúa de mel, despois de visitar Roma, collimos un tren á belísima Florencia, onde pasamos dúas noites.
A cidade en si é preciosa, os monumentos están por todas partes e só camiñar pola zona do río xa é un pracer. O máis impresionante: a catedral. Para entrar nela hai que facer una cola de mil demos, e como o tempo non sobraba, tivemos que deixar pasar a oportunidade. Iso si, dende fóra, xa deixa a mandíbula frouxa!
Velaquí tedes unhas cantas fotos (si, estoume aficionando aos filtros, que lle vou facer). Espero que vos gusten!

| Nas paredes do Palazzo Pitti, uns cantos leóns observaban a cola para entrar. Este debía de estar preocupado... |
![]() |
| O Ponte Vecchio, foto obrigada. E ben bonita, por certo. |
| A foto "con bichos" tamén é obrigada :) |
![]() |
| A pesar do efecto, xuro que as cores brillan así ou máis: o Duomo, unha preciosidade. |
![]() |
| O Duomo é imposible de meter nunha soa foto. Que barbaridades facían estes italianos... |
![]() |
| Un paseo polos xardíns Bóboli e un oquiño para unha foto entre o xentío na Pza. Signora. |
27/11/13
Roma
A nosa lúa de mel comezou mooooi cedo. A viaxe polo menos. O martes erguímonos ás 4:30 da mañá, puxemos as farolas e subimos ao aeroporto. Primeira parada no aeroporto de Barajas (que agora é un centro comercial pero coa comida carísima, parece ser) e seguinte voo ás 11:55 cara a Roma.
Serei sincera e direi que, aínda que me gustou moito, me decepcionou un pouco. Se cadra puxera a cidade nun pedestal na miña cabeza, se cadra era mala época, pero o ruído, as masas de xente e esas cousas non son o meu.
Foron tres noites e dous días e medio de moito (moito, moito) camiñar, así que cundeu e disfrutámolo. Si, a pesar do ruído e da xente. Porque unha lúa de mel é para disfrutar, faltaría máis.
Por certo, entrei en modo friki e tirei algunhas fotos panorámicas e esféricas co móbil. Podedes velas neste enlace.

| A Fontana di Trevi. As fotos non lle fan xustiza, é impresionantísima. Mágoa de tropocentas persoas arredor... |
![]() |
| Bicis e portas molonas. Váleme todo, vaia :) |
![]() |
| As pombas son jodonas en todos laos. Piazza Navona, preciosa. |
![]() |
| Este mercado parece unha postal, pero non o é. Os postos daba gloria velos. |
![]() |
| En inverno, as taquillas para entrar ao Coliseo pechan ás 15:30 (WTF, verdade?). Quedades avisados. |
![]() |
| O Baldaquino de Bernini en San Pedro. A basílica é pa' caer de cu. Unha marabilla arrastrando recordos de COU :) |
![]() |
| Piazza da Republica. Sorpresa de camiño ao hotel: de día non sobresae, de noite parece Nadal... |
22/11/13
Outubro en fotos
Chamarlle "outubro en fotos" se cadra é moito chamarlle... Porque outubro, como xa sabedes, tívome ocupadiña ultimando detalles para iso de casar, e non hai fotos do mes agás polas do "evento". Cris xa contou a súa crónica no seu blog de moda (grazas!), e eu algo da viaxe deixei caer por twitter. Pero bueno, para rememorar un día precioso (non só climatoloxicamente) e por aquelo de ter outro momento selfie, como din pola rede, aí van un par de instantáneas.
As fotos da viaxe déixoas para próximas entregas que, co voso permiso, virán pouco a pouco, segundo me vaia permitindo escaquearme o meu proxectiño... que xa está ben de tomalo con calma!
:*
![]() |
| E si, os nomes das mesas eran circuítos, claro! A nosa, como non, Mónaco :) |
16/10/13
Setembro en fotos
Ultimamente vou tarde. Pero vou.
Desta volta, non poño excusas, só fotos.
Como vos dixera, estiven de vacacións. Aquí tedes algunha imaxe dos nosos días por Cascais, Sintra, Obidos e Aveiro. Dentro de pouco, tocan máis viaxes. Aí si que vai ser difícil escoller... Pero xa vos contarei.
Bo outono!

13/09/13
Agosto en fotos
Estou de volta! Xa sei que dixen un par de semaniñas e aínda pasou case unha máis, pero o de descansar é un ben necesario. De feito, hoxe comezo as vacacións (e vaia falta facían). Podedes imaxinarme dando chimpos e con cara de lela. Dáme igual. Teño vacacións.
Peeeero iso non é motivo para non deixar programadas algunhas entradiñas das cousas que fun facendo, comezando, claro, polas fotos de agosto.
Estounas vendo e semella que o Marisquiño foi hai ben máis tempo do que en realidade foi... Ou a Feira do Libro da Coruña, xa postos. Seguramente por iso sempre me dá a sensación de que levo séculos sen actualizar, pero un descansiño pequeno non é tanto, que este ano está sendo un non parar. Un non parar bon, pero un non parar.
Lémonos!

03/07/13
Xuño en fotos
Estes días fixo unha calor do demo en toda Galicia. En toda? Non! Un concello poboado por irredutibles mariñaos resiste aínda e sempre ao nordés...
E digo "un" concello unica e exclusivamente porque a frase queda mellor. En Viveiro sálvanse un chisco. A Ribadeo non fun. Pero abofé que en Burela e Cervo ventou e fixo falta unha chaquetiña. Unha chaquetiña enriba do xerseiciño (de verán, tampouco vaiades pensar, peroooo...).
E, claro, á volta a Vigo o domingo o paso 1 foi quitar o xersei e o paso 2 foi quitar as medias. E non quitamos máis porque non se debe encoirar un pola rúa.
Como este mes xa vos ensinei fotos de Santa Tegra aquí e aquí, xa vos toleei co meu libro e ata vos ensinei a emoción de abrir o paquete, agora tócavos ver cousas de Cervo (San Ciprián, Rueta e a cabeza que apareceu do outro lado do noso muro).

31/05/13
Maio en fotos
Non vou mencionar o tempo. Media fina, media gorda. Abrigo peludo, cazadora de choiva. Camiseta e punto, sacar xerseis da caixa. Ou si. Hala. Vaia tempo noxento! Que non vai haber verán? Bueno, podería ser peor. Pero é que non hai nin primavera, carallo! En fin, maio non estivo tan mal, mesmo parece que para esta finde nos vai dar tregua. Tamén deu para paseos e deu para unha finde de ponte en León moi ben aproveitada. E para algunhas fotos! Aí van unhas poucas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)