Amosando publicacións coa etiqueta gústame. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gústame. Amosar todas as publicacións

08/03/13

Cousas que molan


Un apunte rápido, que estamos de finde e hai que folgar!
Hai pouco descubrín esta páxina, HITRECORD.org e quería compartila con vós.

Máis que páxina, é unha comunidade virtual moi interesante. Eu, por agora, só estiven curioseando, pero teño moitas ganas de colaborar. Como se colabora?  De moitas formas! Se falades inglés, xa volo explica o creador da comunidade aquí (ou no video do inicio da páxina). Se non o falades, igual vos é máis complicado remexervos...

En fin! Sexa como sexa, esta comunidade baséase na colaboración artística: unha persoa sube unha peza (ou "record"), e esta ponse automaticamente a disposición do resto da comunidade, que a pode mesturar, facer un remix, lle chaman e así sae unha peza nova. Pode ser un texto ao que logo se lle pon voz, imaxe e son... Pode ser unha imaxe que se retoca e transforma noutra... Hai moitas posibilidades!

Tamén saen colaboracións que buscan contribuidores, polo que se pode axudar e facer un traballo combinado para crear cousas xeniais: películas, curtas, historias, arte visual, gráfica...

Sei que moitos diredes que o de poñer unha obra dun para que a toquen outros non mola nada... Cada un é libre de compartir (iso si, os dereitos son sempre do creador), pero non me digades que apuntarse a unha colaboración molona non é unha grande inspiración? Eu penso que si, e espero sacar tempo para colaborar algunha vez.

Are we recording? :)

03/12/12

GUSTOUME... (16)

Xa é decembro!
Sei que a moitos non vos emociona isto do Nadal que se achega, pero a min ségueme gustando coma cando era pequecha, así que comezo este mes con ilusión e sorrisos cando os faros dos coches reflicten nas rúas molladas.

E sen máis dilación, comezo cunha boa ilustración para un mellor libro:

Visto en Kireei

Antes de seguir coas cousas de hoxe, un consello culinario importantísimo, aquí. Por se non vos pica a curiosidade como para clicar no enlace, xa volo digo eu: o béicon ten que quedar crocante!!!! Nada desas entrefrebas moles dos bocatas mediocres. Cro-can-te. E ben tranquila que quedo compartindo esta sabedoría.

Pasemos a outras cousas...

Xa que, como vos digo, se achega o nadal, aínda que se polo Corte Inglés e IKEA fora comezaba a se achegar en agosto, isto é un bo consello:

De La Casita de Wendy vía Kireei

E para ir pensando en agasallos, para min mesma e para os meus, sempre hai listas e ideas pola rede. Listas coma esta, de libros molóns, e ideas coma os raposos. Si, os raposos sempre molan, en boneco, en pucho e en luvas!

Visto en Kireei

A nota decorativa déixoa con este escritorio. Hai un montón de imaxes de espazos de traballo pola rede e hainos verdadeiramente inspiradores. Este, por exemplo, non está mal para un cuarto xuvenil, ou?:


Visto en Kireei

Dous verdadeiros profetas... Non vos perdades este video que prediciu a crise.
Xa que estou con videos... a peli deste trailer ten boa pinta. Curiosa premisa, pode ser interesante. Tamén pode ser unha cagada. Pero pode ser interesante.
E o último video, a historia do póster da xa famosa frase "Keep calm and carry on". Aquí o tedes. Non perdades detalle da libraría da que saíu, é un paraíso!

Apertas!

Gústanche todas estas cousas tanto coma a mín? Podes seguirme en Pinterest e velas máis a miúdo!

16/11/12

GUSTOUME... (15)

Ultimamente empezo sempre con frases, parece.
Esta é unha delas:

Visto en DesignForMankind

Logo unha nunca se acorda de pensar que non ten por que ser unha superwoman, así que mellor pegar este lema na parede!

Na parede tamén se poden colgar ilustracións. Eu teño unhas cantas, e máis que quero! Coma as deste libro:

Gato y pez, visto en Kireii
 
Ou mesmo estas feitas colgantes e broches:

Visto en Depeapa

 Coa orde de sempre, paso á cociña e comezo cun libro que ten boa pinta (hai tanto!): chámase What Katie Ate, e xa só polas fotos parece que merece a pena. Hai por aí tamén un de galletas co que hai que ter coidado...

E de receitas alguna cousa apetecible e, coma sempre, moi light :), coma estes bagels caseiros ou este calzone de brécol e xamón.

Visto en Martha Stewart

Casas bonitas? Sempre!
Que tal esta cociña?

Visto en Vintage&Chic

Ou estes coxíns:

Visto en Kireei

E pecho cunha aplicación que ten unha pintaza... Terei que pedir prestado un iPad, que lástima ;)
É para facer fontes tipográficas. Un non parar, oiga...

Boa finde!

Queredes máis cousas? Pois botádelle un ollo ao meu taboleiro de Pinterest!

02/11/12

GUSTOUME... (14)

Comeza un novo mes e cun merecido descanso. Descansastes onte? Eu si. Tamén falta facía. Agora fai falta poñer a casiña en orde, relaxarse cunha bebida quente e unha mantiña e pensar novos proxectos!

Se cadra estas ideas vos axuden...

Comezamos?
Pois  comezo entón cun bo mantra:

"Fai máis do que te fai feliz", visto en Rue Magazine

(moita verdá)
Estes pratos tan lindos son de Nuria Díaz. Só vos deixo unha mostra, coma sempre, pero non deixedes de visitar a súa web!

Visto en Nuria Diaz Ilustración


E agora... Receitas! Esta, en concreto, é de Rechupete! Calabacín recheo de pisto de mencía e solomillos de polo... Soa ben!
E sei que non é o prato máis popular do mundo, pero a min a sopa de cebola pérdeme (co que chove mentres escribo estas liñas, máis). Esta receita ademais leva bacon e queixo gratinado nunha rebanda de pan. Pouco máis se pode pedir.

Sopa de cebola e bacon, ñam! Visto en Everyday Food

Confeso que o mesmo día que vin a receita e a gardei para vola poñer aquí fixen a sopa. De lixeira non ten nada, de rica teno todo. Iso si, non se me caramelizou guai a cebola e quedou esbrancuxada. Non se pode ter todo.

Máis receitas loguiño! Téñenme boa pinta estes sándwiches e sopas, un bo almorzo, verdade?

Visto en A Beautiful Mess

Paso correndo á decoración para deixarvos algunhas das imaxes que me gustaron, a ver que vos parecen!

Unha oficina acolledora, vista en Bohodecochic

Nesta entrada hai un piso ben bonito, pero a min o que máis me gustou foron os coxíns...

Visto en Vintage&Chic

Remato con algo molón. Bueno, todo é molón. Pero esto é vintage (léase vin-tá-ghe, porfaplease)... Neste enlace atoparedes unha selección de cabeceiras de series da infancia. Da miña polo menos. A volta ao mundo de Willy Fogg, Bola de Dragón, Fraggle Rock, Mofli... Ainsh! Que tempos!

Boa finde!


19/10/12

GUSTOUME... (13)

Fin de semana!
Xa tardaba! Tedes algún plan? Ides a algún lado? Ou só queredes buscar ideas e inspiracións? Se é así, aquí veño eu ao rescate!

Comecemos cantando! Cantade comigo:

Visto en PopChartLab

 Non? Que tal esta?

Visto en Alberto Montt en dosis diarias


Non sei vós, eu xa me rin un bo anaco. Así que imos con máis cousas!

Empezo con ilustradores. Velaquí vos deixo unhas mostras de Arnal Ballester e Elena Odriozola, nominados ao premio ALMA (xa vos falei del, o Astrid Lindgren Memorial Award).

Ilustración de Arnal Ballester




Ilustración de Elena Odriozola



Se vos faltan enerxías, non deixedes de probar estas barriñas de sésamo. Non probei aínda esta receita, pero se sabe coma as barras de sésamo e mel de toda a vida, merece a pena! E a min non me gusta o mel, pero supoño que se compensa co que me flipa o sésamo. Forzas aseguradas!

Despois de coller forzas podedes probar con algunha manualidade, coma estas tazas. Dende que o ano pasado vira unha entrada de tazas pintadas á man ando con ideas para darlle á creatividade cerámica (tuneando cerámica, non facéndoa, iso é nivel 10). Tal intento xa o sufriron, de feito, nos seus regalos de nadal, a miña hermanísima e o seu home. Esta cousa de pintar con pintura de pizarra gústame especialmente.

Visto en A Beautiful Mess

Queroqueroquero electrodomésticos Smeg. Son unha pija, si, que pasa? Pero queroqueroquero. Nunha casa máis ordenada ca esta, si, pero ai que bonitiños son! Pequeno contratempo, hai que ter casa propia... pero xa lle iremos dando.

Visto en RueVintage74

Esta casa tamén está desordenada, pero ten detalles moi curriños, coma esta cama, que parece o agocho perfecto para ler un conto de raposos!

Visto en ABeautifulMess

Máis desorden. Debo de estarme reformando. Algún día deixarei de tirar posavasos coma se fosen surikens.

Visto en RueVintage74


Outro par de descubrimentos:
A luz de cor rosa non existe. Flipando quedei.
Begoña Martínez, tradutora con moito sentidiño, escribiu o outro día unha entrada de obrigada lectura (sen saltarse o vídeo de Michael Jordan) para os que de cando en cando cren que os que teñen éxito non tiveron que facer esforzos para logralo.
E seguindo co mesmo tema, se estades esperando a ver un sinal que vos indique que o voso futuro comeza, non esperedes máis:

Se estás a agardar un sinal, velaquí o está (Visto en DesignSponge)


Para pechar, unha foto que di máis que tropocentasmil palabras. E apertas, claro.

Vía Décalage, verdadeira fonte de inspiración!


12/10/12

GUSTOUME... (12)

Ración de cousas molonas marchandooooo!

Ilustrador novo atopado e hearteado, que diría o outro: Jon Klassen. Os libros teñen unha pintaza. Ou será que me perden os álbumes ilustrados para pequechos...

Jon Klassen, máis cousas na súa web e en Designmom
Outra ilustradora para o Gustoume de hoxe! É a man creativa da portada da última Dot:, a número 45 (que podes ler e descargar aquí) e tamén fai cousas guapas coma as que pon no seu blog.

Ilustración de María Nóvoa


Toca comida? Comida logo!
Teño unha palabra clave que fai calquera cousa deliciosa: palitos. "Forma de", nada de cangrexo de pufo que dá alerxia igual. Palitos de berenxena! Snack para tontos, aí vou!
 No blog de Rachel Khoo vin estas mazás asadas con hojaldre, a receita está neste outro enlace!

Apple Puff Pastry Parcels de Rachel Khoo

Téñolle ganas tamén a esta crema de alcachofa. Non vos metades coas alcachofas, que dan para moito! Outra crema-salsa que ten pinta de rica é a que fixo El Comidista nesta receita con ovos e salchicha, leva pemento e berenxena e chámase ajvar, parecido á torre pirola de Barcelona, ou?

Remato coa comida co que aprendín esta semana sobre as diferentes cabazas, moi interesante!

A cabaza Pattinson (de Crepúsculo), visto en Directoalpaladar

En Literautas teñen un agasallo para escritores/as: un colgador de "non molestar". Eu vouno imprimir, aínda que non teña quen me moleste pola tarde...

Decir que isto mola é pouco dicir. Que tal se comezamos a preparar disfraces do Samaín con papel? Atención a estes animais!

Descargables para se disfrazar de animaliño! Visto en Kireei

Falando do Samaín, novas tarxetas de Halloween de Wilt&Whistle:

Visto en Whilt&Whistle

Atención a este plano: é de película!

Visto en Nometoqueslashelveticas


 Considero que os de PopChartLab nos deixan clarísimas as redes sociais nesta sinxela imaxe. Tomade nota:

Visto en PopChartLab


 De decoración traio pouca cousa. Só un puf que me está tentando...

Un puf de punto. Mola! Visto en Vintage&Chic

Máis cousas!
Andas por Londres e o da creatividade éncheche o ollo? Bótalle un ollo a esta plataforma: Círculo Creativo London. Non hai iniciativas malas, non é?

E para pechar, hoxe paso de malas noticias, gústanme máis as boas. Coma as de libros.


05/10/12

GUSTOUME... (11)

Comeza outra finde máis (benvida sexa!) e aquí vos deixo as caralladas molonas dos últimos días!

Lembrades a Amaia? Ten ilustración nova para a revista Ling, de Vueling.

O Gregor Samsa de Amaia Arrazola

Teño fame. E estas patacas asadas non axudan:

Visto en Amiloquemegustaescocinar.com

E logo isto está ben para a fame futura: métodos de conservación. Sempre está ben saber destas cousas. Sobre todo se nos temos que botar ao monte nesta era apocalíptica...
Pero non esquezades! Mesmo na nosa horta post-apocalíptica, hai que comer de temporada! Xa está Mikel  López Iturriaga, aka El Comidista para vos informar: Que comer en outono. Eu coas cabazas, as castañas e as espinacas (frescas, a poder ser) son máis que feliz.

Momento decoración! Con cousas bonitas coma estas:

Non hai como libros para decorar... Visto en Designsponge.com
Pero uns bos cadros tampouco están nada mal! Visto en ruevintage74.com
Tamén é bonita a cerámica. Nunca me chistara, miratú, pero estas cousas parécenme lindísimas...

Visto en Kireei

Déixovos coa decoración cunhas ideas para colgar cadros.

E pasamos a un variao!

O outro día contábavos dunha carreira en Samil, lembrades? Pois dado que se cancelou polo mal tempo que fixo agora ten unha nova data: o 4 de novembro. Tedes toda a información en Vigo LowCost.

Máis iniciativas, a ver se vos animades: desta volta é un certame de literatura erótica, o Illas Sisargas. Botádelle un ollo, que pode ser interesante gañar 1.000 euriños cuns versos de paixón!

Isto son bos consellos de produtividade: o mal amigo email ao que respondemos con excesiva celeridade... E eu son desas, moitas veces, por non telos diante, pero hai que pensar que non sempre conleva eficiencia! Védeo aquí.



E logo hai malas cousas. Que pasan. E non debemos esquecelas. De golpes, de recortes e de presupostos vai a cousa.
E isto sobre os fillos nos tempos que corren, que tamén é algo triste.

Boa fin de semana!

24/09/12

GUSTOUME... (10)

Vouvos facer unha trampa. As entradas "esta semana gustoume" convertíronse, por arte de birlibirloque, en "gustoume...", sen máis. O porqué é abondo evidente, creo eu: manter o ritmo semanal é difícil e sentirse mal por romper o ritmo semanal é inútil. E estas querencias son atemporais, se nos poñemos tontos, porque depende máis de cando descubro eu as cousas que de cando son, non si? Preséntovos, entón, un novo "gustoume". E van 10.

Teño un porrón de cousas e vou intentar filtrar. Intentar, palabra clave.

Empezamos con bonrollismo:

Visto en muymolon.com

E seguimos con tema cociña! Como non! A gochiña americana esta que me encanta trae un polo ao forno con ensalada de verduras asadas que hai que probar. E nun blog de receitas vexetarianas (ou veganas, creo) que sigo (é moi interesante, non digades bohp sen velo!) vin esta semana unha receita cunha pinta xenial!

Coliflor tandoori con chutney de menta. Brutal. Visto en My New Roots

 E non pasarei de probar a facer chips de mazá caseiros! Creo que está aprobado para a miña dieta... e se non, vós caladiños e todos contentos.

Deixo o tema culinario cun post interesante sobre canto tempo se poden deixar os alimentos na neveira e no conxelador. Logo non lle faremos caso, pero aí está.

Algunha vez vos preguntastes como son os apartamentos das series? Pois Iñaki Aliste o que fixo foi debuxalos. Eu coido que hai algunha imprecisión, pero molan moitísimo.

O apartamento de Ted Mosby, por Iñaki Aliste Lizarralde, visto en nometoqueslashelveticas.com

 Gústanme os cadros sobre o sofá. No meu caso, agora mesmo teño dous abstractos, pero a ver se un intento que teño en marcha sae como debe e vai para o lugar de honra.

Tamén me gustaron moito estes coxíns.

Visto en decoesfera

Tamén me gustou este xersei con ganchillo. Que cousas!
Cociñas! Hai cousas que non cambian. Estas son monéeeeesimas.

Para a casita de campo :) Vista en decoestilo

E esta para min... Aiiii, que bonitiña! Vista en decoestilo

Se necesitades novas estratexias para ser máis eficientes no traballo (e sufrir menos, enténdaseme), non deixedes de ver o blog thinkwasabi. Esta entrada en concreto, por exemplo, sobre a planificación intelixente, é moi interesante.

Para rematar, se vos queredes divertir un anaco, botádelle un ollo a esta "caixa de música". Divertidísimo, oiga.


07/08/12

GUSTOUME... (9)

Máis dunha semana sen entradas! Como pode ser isto? Pode ser se hai moito lío no traballo pero tamén un cumple: o meu! Estivemos de celebración e non sabedes ben o xenial que foi todo.
Aínda así, toca poñer uns cantos enlaces e aquí están!

Que hai de comer? Que tal salmón glaseado suuuuper fácil e cunha pintaza? E que tal tiramisú desestruturado? Que máis ten, se é tiramisú!

Visto en Made for Jen

 Por se estades a dieta, esta é unha boa forma de comer hamburguesas fuxindo dos odiados hidratos.
Pero se non e queredes hidratos, esta pasta parece sinxela e rica. Lémbrame unha receita de Jamie Oliver que só leva limón, perexil e parmesano. Iso si, mogollón de parmesano.

Vou cunha ilustradora molona, Amaia Arrazola.Creo que xa vos puxen algo dela, pero esta entrada en concreto gustoume moito, máis ca nada, por esta ilustración tan chula:

Visto en Amaia Arrazola Illustration

Non vos perdades tampouco estes mapas, molan un montón:

Visto en Decoesfera

Un grito contra a extrema delgadeza: anuncios retro sobre como gañar corpiño.
Unha grande reflexión: a lectura por motivos equivocados.
Estades en Vigo? Esta tenda pinta ben! Vintage e segunda man para todos os petos!
Neste blog lin unha cita que reflexiona sobre algo que todos debemos lembrar (aprender a dicir non!):

“You have to decide what your highest priorities are and have the courage - pleasantly, smilingly, nonapologetically - to say ‘no’ to other things. And the way to do that is by having a bigger ‘yes’ burning inside. The enemy of the ‘best’ is often the ‘good.’”
— Stephen R Covey

Gustoume moito esta casa. Sobre todo este escritorio:

Visto en Design Sponge

E si, desta, quedo coa cociña, para variar.

Visto en Design Mom

En Kireii sempre teñen unhas fotos marabillosas, déixovos por hoxe con estas casas tan chulas.

Visto en Kireii




ETIQUETAS