25/04/07

3...

En cada pinga de choiva hai un pensamento meu
e hoxe houbo tormenta.
Inundei o asfalto de ideas,
coma se a miña pel fluíse baixo as rodas dos coches.
No teatro da miña fronte o sol substituíu aos faros.
Sorríchesme dende o meu recordo,
mentres, sobre a area, eu debuxaba o meu plan de futuro,
mentres, sobre as ondas, o mar dicía que aínda era abril.

























En cada ráfaga de vento hai un recordo do mar
e eu gárdoos en caixas,
tralas pálpebras, en pinceis,
coma se as miñas mans bailasen sobre o lenzo.
Na pantalla das miñas pupilas debuxo amigos.
Sorrinme dende o meu recordo,
mentres, no meu vaso, soan gargalladas,
mentres, na cidade, planeo o meu retorno.


























ETIQUETAS