31/08/12

E máis vacacións!

O CUVI, sinistro microclima
A semana de vacacións pasou voando, coas súas festas, familia e visitas, pero crédeme ben que a volta pasou leeeeeentaaaa e cheíña de traballo.

Quen dixo que en agosto non había traballo? Mentía, iso asegúrovolo.


Así que agora me tardan máis ca nunca as dúas semaniñas de repouso e viaxe que nos tocan. Espero traer moita foto, moito debuxo e moita inspiración de volta.


Ademais, marcho cos deberes feitos e ben contenta :)


Por se aínda hai algún de vós por aí léndome, estarei por aquí ata o día 6 con algunha cousiña! Non hai Gústame ata despois de vacacións, pero sempre hai algo que enseñar, coma  esta ilustración de Amaia Arrazola (xa vola recomendei máis veces, pero é que mola!):

Daisy&Rosie, de Amaia Arrazola

Boa finde e boa entrada de mes!

09/08/12

Vacacións!

Mouchos, curuxaas, sapos e bruxas...
Aínda que ata setembro non me tocan as vacacións de verdade, a semana dos festivos imos ver á familia e tamén ás festas. E este ano cádranos tamén a Queimada!

Aínda que me tocará traballar nalgunhas cousiñas igualmente e á volta volver sacar canas de 9 a 2, vou relaxarme e disfrutar dos meus, así que, se me desculpades, déixovos á vosa sorte un par de semaniñas. Poida que menos!

Desfrutade do verán!

07/08/12

GUSTOUME... (9)

Máis dunha semana sen entradas! Como pode ser isto? Pode ser se hai moito lío no traballo pero tamén un cumple: o meu! Estivemos de celebración e non sabedes ben o xenial que foi todo.
Aínda así, toca poñer uns cantos enlaces e aquí están!

Que hai de comer? Que tal salmón glaseado suuuuper fácil e cunha pintaza? E que tal tiramisú desestruturado? Que máis ten, se é tiramisú!

Visto en Made for Jen

 Por se estades a dieta, esta é unha boa forma de comer hamburguesas fuxindo dos odiados hidratos.
Pero se non e queredes hidratos, esta pasta parece sinxela e rica. Lémbrame unha receita de Jamie Oliver que só leva limón, perexil e parmesano. Iso si, mogollón de parmesano.

Vou cunha ilustradora molona, Amaia Arrazola.Creo que xa vos puxen algo dela, pero esta entrada en concreto gustoume moito, máis ca nada, por esta ilustración tan chula:

Visto en Amaia Arrazola Illustration

Non vos perdades tampouco estes mapas, molan un montón:

Visto en Decoesfera

Un grito contra a extrema delgadeza: anuncios retro sobre como gañar corpiño.
Unha grande reflexión: a lectura por motivos equivocados.
Estades en Vigo? Esta tenda pinta ben! Vintage e segunda man para todos os petos!
Neste blog lin unha cita que reflexiona sobre algo que todos debemos lembrar (aprender a dicir non!):

“You have to decide what your highest priorities are and have the courage - pleasantly, smilingly, nonapologetically - to say ‘no’ to other things. And the way to do that is by having a bigger ‘yes’ burning inside. The enemy of the ‘best’ is often the ‘good.’”
Stephen R Covey

Gustoume moito esta casa. Sobre todo este escritorio:

Visto en Design Sponge

E si, desta, quedo coa cociña, para variar.

Visto en Design Mom

En Kireii sempre teñen unhas fotos marabillosas, déixovos por hoxe con estas casas tan chulas.

Visto en Kireii




ETIQUETAS