Esta é a primeira entrada que non ten que ver co espírito orixinal da Gramática de Corpos, pero é algo que me vén apetecendo hai tempo. A idea é
xuntar os enlaces ás cousas que máis me gustaron esta semana: novas e artigos de opinión, fotos bonitas, receitas dignas de gardar e posts dignos de mencións entre todo o que leo cada día. Haberá, dentro do posible, un
"Esta semana gustoume" cada venres.
Todos os días visito varios blogs de
gastronomía e acabo sempre gardando algunha receita...
En fin, aínda que estou con menú de operación
bikini, teño dereito a babear, ou? Esta semana salivei ao ritmo destas
Hamburguesas de pavo y cebollitas glaseadas (igual sen mozarella cola como
light) e dunhas
Caracolas Saladas... Eu non son moi de dulce, pero con xamón e queixo non se lle fan noxos a nada!
Por suposto, non deixedes de ler o
Consultorio do Comidista, risas aseguradas.
Tamén son asidua aos de
decoración, que poden ter ideas e fotos chulas.
Que vos parece este rincón de lectura con vistas?
 |
| Rincón de lectura, visto en Decoratrix |
Esta ilustradora é unha artistaza! Chámase Jenni Sparks e eu descubrina esta semana porque debuxou á man
un mapa de Londres xigantesco e precioso!
 |
| Hand-drawn map of London by Jenni Sparks |
Se vos poñedes creativos e vos apetece, por que non
tunear unhas camisetas?
Entre as cousas que molan, hai
pezas de louza decoradas, fachadas de cores,...
 |
| JeezVanilla en Etsy |
 |
| Visto en planos-lowcost.com |
|
|
 |
| Visto en planos-lowcost.com |
 |
| A Princesiña... |
Non é novo desta semana, xa que se presentou o mes pasado, pero, por se non a coñecedes, recoméndovos que lle botedes un ollo á
opera prima da compañeira
Clara do Roxo: A princesiña que conducia unha locomotora. Un libro para nenos e nenas... e para princesas con personalidade!
E se no canto das princesas vos interesan os fogóns, tedes que saber que vén de saír en papel o novo libro de
Recetas de Rechupete,
Comer Bien a Diario (tamén dispoñible en eBook).
Entre as reflexións tristes pero necesarias, quero gardar desta semana este artigo de
Escolar, polo
mes de xuño que nos vén enriba e tamén un último
adeus ao grande Bradbury.
Ui, creo que para a próxima semana intentarei ser máis breve...