26/07/12

Outro "work in progress"

Estoulle facendo unha ilustración á miña amiga Marta para un agasallo que vai facer e quero compartir o paso a paso. Vaia por diante que nin son profesional da ilustración nin controlo abondo das ferramentas que hai para facer algo mellor, pero a falta de coñecementos de Illustrator (xa me gustaría) imos tirando de Photoshop así:

Primeiro escaneando un boceto feito a lápiz:


Logo trazando por enriba. Normalmente trazo a tinta á man, pero desta vez quixen probar a trazar no ordenador da única forma que sei: marcando os puntos de áncora e contorneando parte a parte, por se acaso. Primeiro a meniña, Alice:


E logo todo o trazo de lápiz. Así pódese corrixir moito máis fácil! Xa veredes que a lúa non me convenceu aí...


Coa lúa recolocada, toca poñerlle cor... e eu son negada. Así que imos probando primeiro cos obxectos, deixo o difícil para mañá!


 Mañá xa vos ensino como quedou!


Certame nacional galego de narracións breves

Outro certame aberto e este é de cousas breves, por se andades faltos de folios cheos!

XXXVIII Certame Nacional Galego de Narracións Breves Premio Modesto R. Figueiredo, 2012

Presentaranse unha ou máis obras inéditas e non presentadas a outros certames que estean escritas en galego, cun mínimo de 5 páxinas A4 e un máximo de 30 (mecanografados a dobre espazo por unha soa cara.

O prazo de presentación remata o 2 de novembro de 2012 e o premio é de 1.000 €. Tedes máis información no enlace do título. A darlle á tecla!

24/07/12

Un señor con zancos

Ilustración de Sabela González

Esta é a ilustración que acompaña o texto de Sergio Lagartija na revista Dot de agosto e setembro. Este novo número está ao caer, non deixedes de velo ou descargalo! E se non recibides o boletín semanal non sei a que raio estades esperando...

ACTUALIZACIÓN: Xa está dispoñible en formato electrónico aquí e en papel nos puntos de distribución habituais! 


23/07/12

GUSTOUME... (7)

Visto en MarthaStewart

O luns parece ser o mellor día para recomendar enlaces. Por que? Porque paso de currar a finde, definitivamente. E vas currar agora nas túas (breves) vacacións? Preguntarédesvos... Pois si, eu son moi ben mandada e ademais sei programar entradas no blogger :)

Sinto, por outra banda, non actualizar o suficiente, pero dadas as circunstancias, coido que non o estou a facer tan mal! Veña, clicade e paseade pola rede, que será por cousas molonas!

Comezo coa comida? Para variar. Pois direivos que non poido dicir "aros de cebola" sen babas. Así que aí van: aros de cebola! (slurp!).


Da fritanga ianqui á bella Italia. Como sabe esta xentiña... Que si focaccia, que se unha salsa perfecta para o verán, mesmo un restaurante para apuntarse nunha visita a Madrid!


Ademais de cociñar, pódese salvar o mundo... pouco a pouco, pero que non se vos olvide.


Hai cousas que alegran o día, coma as mulleres orgullosas da súa idade ou  estas láminas con mensaxe. Será por láminas! Encantáronme estas e tamén esta, para sentirse ben (e é que en muymolon.com teñen cousas ben guapas):

 
De muymolon.com

Logo tamén hai pósters complicados de máis... pero a quen non lle mola Batman?

Por certo, momento nostalxia dos 80 e 90: non vos perdades estes videos.

O mellor momento DIY desta semana son estas escaleiras. Dánme ideas de máis...

Coxíns bonitos, estanterías de envidia,... será por buscar!

Visto en Kireii




Visto en Kireii

Casas que molan? Mirade que suelos e que portas, máis baba!

Visto en BohoDecoChic

Aí vai a cociña, que xa vos tardaba:

Visto en Virlova75




Visto en littlebrownpen

18/07/12

Pianos e qwertys

Foto: Sabela González
 Alguén creu boa idea ensinarme piano.
Digo ensinar e non digo aprender moi conscientemente.

Alguén, agora seino,
trabucárase de teclado.

Empecei bum-bum, coa máquina de escribir,
aguilucho de uña retorta,
letra a letra,
e o procesador de texto fluorescente faloume de Paquita a aviadora.
Onde quedou Paquita!
Co pelícano de Calahorra e a Oca Cotilla, supoño.

Pedín aprender con todos os dedos
e escribín

asdfg
ñlkjh
asdfg
ñlkjh
asdfg
ñlkjh
e logo mente
moitas veces
mente
mente
ción
ción
ción.

Coma unha pianista que non fai música
din en xuntar letras
e bailan as mans polo qwerty
e bailan as mans polo poiu
e báilame a cabeza polo word
onde xa non está Paquita
que estou eu
soñándome nun estante
soñándome de papel.

Foto: Sabela González


17/07/12

GUSTOUME... (6)

O da semana empezo a tomalo dun xeito bastante laxo, pero é o que ten ir de fin de semana ver á familia, que tanto dá non actualizar o blog.

Gustoume que en disquecool falaran dun novo local de hamburguesas que hai en Vigo, xa fun un par de veces e a verdade é que, a pesar dos prezos, está moi ben. Se non me credes, mirade que pintaza:

Pepita sorrentina, ñam! En La Pepita Burger Bar

Pintaza tamén teñen estes pans recheos de quiche... Light, light non é... E quen me mandaría ir ao blog orixinal da receita, Spoon Fork Bacon, ten pinta de prometer...

Visto en Cocinar para dos
Algo máis san para compensar (e por aquelo de que eu estou a dieta e as gochadas me fan salivar)? Que tal un ceviche? Parece idea xenial, aínda que eu prescindirei do marisco, non vaia ser o demo...

Toca decoración. Esta semana non vin moita inspiración, se cadra este artigo sobre casas de película (literal), no que sae unha casiña preciosa que xa me gustou cando vin a peli:

A casa de The Holiday por fóra

O baño molón, se ben pequeno, da casa de The Holiday

E a cociña, son eu, ten que saír a cociña

Cambiando de tercio, este apartamento inspira un montón. Gústanme os cadros apoiados no chan. Supoño que para iso teño primeiro que poñer algo nas paredes...

Visto en Decoesfera

E vou acabar o de decoración cun clásico: a expedit! Na miña casa conto 5... mi má! Algún día volas ensino, pero xa aviso que non son tan bonitiñas coma esta.

Visto en conbotasdeagua

Nunha nota algo máis seria, gustoume moito este artigo sobre o éxito: visto o visto, considérome muller de éxito. Si eu xa vos dicía que o truco está en ser feliz...

Tamén hai que poñer o que a unha non lle gusta. E non me gustan os ladróns mentireiros, nin que me tomen o pelo, nin que me manden á merda, e moito menos que nos quiten dereitos facéndonos crer que nos quitan privilexios.

Apertas!

ETIQUETAS