17/12/06

O buceador

Cando espertou, deu media volta e buscouna ao seu carón. Houbo un momento de tensión, de medo, mesmo, no que non a atopou e púxose a rebuscar baixo montes de sabas e edredóns de plumas, por túneles de colchón e minas subterráneas de almofadas. A uns tres metros da superficie, deu cunha veta de neve e seda que só podía ser a súa pel. Bicouna para comprobar que era ela. Non tivo dúbida, sabía ós doces soños que lle desexara á noite.
Observou o seu corpo dende moi preto. O peito, que tantas veces lle servía de almofada, subía e baixaba ao compás de profundas respiracións, os beizos curvábanse nun estraño medio sorriso. Voou sobre ela, flotando no pesado aire da mañá e comezou a bicala polos pés, avanzando sobre o seu corpo paseniño. Ela moveuse cun lento espertar e cun sorriso máis profundo. El somerxiuse nela sen escafandra e buscou cóxegas e peixes de cores.
Detrás dun peixe paiaso albiscou o que semellaba unha sala de cabaret. Cando o peixe se apartou de diante súa, asustado, el seguiu avanzando pola húmida bóveda ata as mesas redondas e en penumbra que se erguían na superficie, coma se flotasen. Sacou o seu corpo espido e quente do líquido e mirou ao seu redor. As lámpadas de pé das mesas alumáronse de súpeto creando unha tenue atmósfera amarelenta e, á fronte, na escea, un potente foco iluminouna.
Ela estaba de pé, sorrinte, coas mans apoiadas nas cadeiras, levemente cubertas por un axustado corsé negro, mirando para el, o seu único espectador, con ollos sensuais.
O espectador permaneceu inmóbil mentres de fondo comezaba a soar unha suxestiva melodía de jazz. Ela moveuse pola escea, contoneándose, erguendo no aire as brancas pernas envoltas en lycra negra, convidándoo con cada xesto e ofrecéndose a el en cada ollada.
El sentiu cómo un látigo o agarraba polo pescozo e tiraba del cara á escea, cara a ela, ata verse baixo o foco de luz deitado, coas mans atadas tras a cabeza. Ela riu fronte a el, o seu prisioneiro, ata afogar o riso nun xemido que lle endureceu os peitos.
El mirábaa en silencio. Paseniño, ela achegóuselle e axeonllouse sobre el, sentindo a súa excitación entre as nádegas e recorreuno coa lingua, bicando e lambendo o seu peito, o ventre; nos oídos só sentía a súa respiración apaixoada, os xemidos ao abranguir os beizos o seu cálido sexo, as queixas cando paraba para que lle pedira máis.
Sen deixar de agarimar o seu corpo coas pernas, ela quitou a modiño as poucas prendas que levaba, permitindo que o tocase toda a súa pel, achegándolle os peitos aos beizos e xemindo ao seu oído.
Baixo a nívea pel que se lle ofrecía, el pechou os ollos e, ao abrilos de novo, descubriu o xa esquecido edredón tras ela.
A escea de cabaret tornárase cama de novo e semellaba que ela dera chegado á superficie canda el, sobre el. Penetrouna profundamente, a modo primeiro, máis rápido despois, e ela deixou escapar todo o alento que tiña no seu pescozo. Remataron nunha aperta luminosa e forte. Ela regaloulle un sorriso e un agarimo xunto cun frasquiño dela para que non a esquecera. El deulle un xardín e un ventanal e un furadiño para velo cando estivese lonxe.
Alongáronselles os brazos e a aperta deulles catorce voltas e media, fíxose tan pesada que se afundiron de novo ata perdérense mil veces máis nunha cova de plumón que ao fondo da bóveda ten un salón de cabaret.

i'm cradling the hardest, heaviest part of me in my hand
the ship is pitching and heaving, my limbs are bobbing and weaving
and i think this is something i understand
i just need a couple vaccinations for my far-away vacation
i'm going to go ahead and go boldly because a little bird told me
that jumping is easy, that falling is fun
up until you hit the sidewalk, shivering and stunned

and they can call me crazy if i fail
all the chance that i need
is one-in-a-million
and they can call me brilliant
if i succeed
gravity is nothing to me
moving at the speed of sound
i'm just gonna get my feet wet
until i drown...

Swandive -- Ani Difranco

A aperta máis longa do mundo


«A aperta máis longa do mundo convertiuse así nun bico
que os uniu e produciu unha explosión luminosa coma a
dunha estrela (penso eu, aínda que nunca vin unha). Crearon
unha inundación e fixeron tronos de xemidos e cando rematou
a aperta máis longa do mundo comezou outra máis longa aínda»

We looked like giants


we looked like giants in the back of my grey subcompact
fumbling to make contact
as the others slept inside

and together there
in a shroud of frost, the mountain air
began to pass from every pane of weathered glass
and i held you closer than anyone would ever get...


[Death Cab For Cutie -- We Looked Like Giants]

21/11/06

Click!

Douche un suspiro nun cofre para que lembres a miña pel.






Douche unha ollada nunha botella para que bebas os meus beizos.


(Pero débesme unha lingua que rompa silencios e un sorriso que me fabrique outra foto dunha nube coma esta)

01/11/06

A última noite

Sabedores do distanciamento, mirámonos con ollos tenros en silencio. O mundo evaporouse nun remuíño de nubes nocturnas coma se fose un debuxo animado. Xuraría que nun momento chegamos a dar voltas no centro da praza, esvarando en círculos sobre a pedra mollada. Aquela aperta durou meses; o bico de decisión para irmos á casa, semanas.

Camiñamos collidos da man, con olladas de esgueira trastes e inventoras, con moitos silencios e as verbas ben pensadas.

Camiñamos deslizándonos polos pasos de cebra sen mover os pés, coma nun efecto especial pouco logrado, fotograma a fotograma, coma se fosemos polo aire, coas cores difuminadas, nunha película con grao e po. Como a cinta era vella, ás veces a imaxe escorábase e tiñámonos que agarrar para non caer dela. Rimos ata que nos doeu a barriga e confundimos o riso con fame.

Camiñamos empuxando bágoas cara a dentro e tirando de sorrisos para fóra, inventando cada un o noso plan de acción para esta última noite.

Mirámonos con ollos tenros en silencio, co eterno medo ás despedidas pero coa pel a se despegar dos ósos, o sangue fervendo.

No taxi á casa, o alento profundo, as olladas pola ventá ás luces da noite, ti agochácheste baixo prendas convidadoras facéndome rir ante a ousadía. Catro euros noventa e cinco e a rúa seguía mollada. As pingas, grandes pero delicadas, buscaban o seu camiño á pel entre as fibras da roupa e aposto a que se evaporaban cun zumbido ó alcanzala. Se cadra as túas mans, a túa pel, puideron fundirse coa miña pel para que non puideras marchar, para que quedaras aí, escondido baixo a miña roupa, alleo ás inclemencias do tempo. Seica había mil chanzos ata a casa desta vez. Seica houbo un chanzo no que quixen deter o tempo e tiven a sensación de que ti tamén querías.

Hoxe lembro os detalles da nosa última noite. Os ollos tenros en silencio. O meu corpo sobre o teu, o meu ventre agarimando o teu, o meu sorriso bicando o teu. Hoxe aínda sinto as túas mans sobre cada milímetro da miña pel, aínda noto o teu alento no pescozo, no peito, en todas partes. Lembro as conversas, as coincidencias nas fantasías, as risas e os xogos espidos. Boto de menos as túas mans na miña cintura, onde deberían estar, apertándome contra ti, contra a túa pel, suorosa ou non, mol e convidadora.

Hoxe dóenme as pernas e iso dáme risa e dáme calafríos de botarte de menos. As pernas arrepíntense de non terte atrapado e apertado ata fundirte comigo, ata facerte parte desta eu pequeniña, deste corpo cheo de maniotas que ferve e latexa por ti unha e outra vez.

Intento buscar unha metáfora para definirche este proído no corazón, este botarte de menos, pero co baleiro que me quedou nas mans ao marchares non me dan os miolos. Só sinto esa dor nas pernas, a tensión, o movemento e a paixón transformados en maniotas, coma as dunha nena que correu ás randeeiras con toda a súa forza e coma se a perseguisen.

Pero son maniotas conscientes e obrigadas por se a algunha célula miña se lle ocorrese esquecerte. Por se a algún dedo de uña roída lle dá por non coller o lápiz e apuntar cándo nos veremos de novo. Por se ao deixar de sentir a pel de galiña e o estómago encollido non me segue a proer o corazón e a pedirme as orellas e os beizos que te chame cada minuto que pasa. Unha vez ao día déixolles facelo, ás veces máis. Así, ningunha célula de mín te esquece. Ningún dedo deixa de contar os días que quedan para que nos miremos en silencio, con ollos tenros, e deamos voltas sobre as rúas, onde queira que nos vexamos.




i'm calling from the diner
the diner on the corner
i ordered two coffees
one is for you
i was hoping you'd join me
'cause i ain't go no money
and i really miss you
i should mention that too



yes, i know what time it is
in fact, i just checked
i even know the date
and the month
and the year
i know i haven't been sleeping
and when i do
i just dream of you
dear



i miss watching you
drool on your pillow
i miss watching you
pull on your clothes
i miss listening
to you in the bathroom
flushing the toilet
blowing your nose



i'm calling from the diner
the diner on the corner
i ordered two coffees
one is for you
the cups are so close
the steam is rising
in one stream
how are you



i think you're the least fucked up
person i've ever met
and that may be as close to the real thing
as i'm ever gonna get
but my quarter's gonna run out now
or so i'm told
i guess i'd better go sit down
and wait for you
till my coffee gets cold

The Diner -- Ani Difranco

23/10/06

Mañás

Pouco despois do amencer, co clarexar da mañá, abriu os ollos, espertou. Incorporouse na cama, na súa pel relaxada e mol do sono sen acender a luz.
"Hoxe aínda me queres?" preguntoulle, e el sorriu en soños e murmurou un "si" de saliva espesa.
Ela vestiuse cun sorriso compracido mentres el seguía a durmir envolvéndose nas sabas. Suspirou orgullosa do costume que creara e que, para ela, supoñía un agoiro positivo. Se hoxe aínda me quere, será un bo día, dicíase. Sentíase tranquila, segura e protexida ao alonxar unha dúbida que sabía infantil pero que nos seus momentos grises (de choiva interior, dicía ela) a atormentaba ata darlle volta ao corazón.
Acostumaba a pensar de máis, a pensarse pequeniña e en perigo. En perigo dos cambios, da soidade, do rexeitamento e dos erros. Logo paraba a manivela dos miolos e, ás veces, mesmo paraba de andar. Entón dábase un golpe imaxinario na fronte e chamábase parva para os seus adentros, respiraba fondo e pensaba noutra cousa.
Aquela mañá, un día chuvioso e gris, vestiuse na escuridade do mal tempo. Intentou mirarse no espello e sorriulle a un reflexo que non vía.
"Hoxe aínda me queres?", preguntou desde a porta. El remexeuse e rosmou un "si" de sabas pegadas e logo un "que teñas un bo día" cheo de legañas.




Houbo un día no que o amencer foi amarelo. Entrou polas regandixas dunha persiana mal pechada e encolleulle as pupilas, cansas de horas espertas. Unha man exhausta apagou o espertador antes de soar e outra, vencida, rozou a fronte suorosa e dorida de pouco sono e moito cavilar.
Virouse e ollouno. Estaba cuberto de sombras e luces e semellaba cheo de soños. Observou cómo o peito lle subía e baixaba coas profundas respiracións de quen durme, e caeulle unha bágoa do ollo dereito.
Non se ergueu.
"Hoxe aínda me queres?", preguntoulle cun murmurio ao oído, cunha bágoa máis na fazula, cun agarimo no cabelo. El asentiu e murmurou un "si"de bicos, colocando a cabeza sobres os seus peitos e rodeándolle o torso espido co brazo.
Ela acaricioulle o rostro coma a un meniño e apertouno para protexelo, para que durmise de novo, para que lle escoitase latexar o corazón... Se non o oíse, poida que crese que non tiña corazón, poida que lle dese a el esta vez por preguntarlle a ela se hoxe aínda o quería e ela tería que mollarlle o cabelo con bágoas, se cadra mentir, se cadra admitilo. Xa non te quero, resoáballe tras as córneas e na gorxa. Por qué ti non mo preguntas, se eu xa non te quero?.
Apertouno máis forte e respirou o seu alento. A boca aínda lle sabía a el, os dedos aínda o sentían sen tocalo. Secou as bágoas.


El espertou e bicouna con ollos entrepechados, e apertouna cun sorriso e agarimouna con tenrura. Fixeron o amor como se fai cando un está medio durmido ou medio esperto, co calor abafante do edredón no alento e a lentitude do sono nas caricias. Ela pechou os ollos e nunca lle volveu preguntar se a quería.


ETIQUETAS