19/10/12

Preguiciña

Imaxe de NationalGeographicStock


 Preguiciña,
pon o día ás costas coa boca ben aberta.

Preguiciña,
quita as imaxes da noite sorbendo forte o mencer.

Preguiciña,
preguiceira,
soñadora de moles páxinas de felicidade
di,
berra con forza:
"non é preguiza, paspáns!
é sono,
nada máis!"




17/10/12

Fuxida - versión 1.0

Imaxe inspiradora via Décalage

Non hai piano abondo ominoso
para narrar a túa fuxida.

Preciso violíns rechiando,
bombos latexando,
voces de coro infantil co máis profundo laio.

Pechaches a porta a modiño
e os ollos dun golpe
para correr no frío,
na soidade,
para correr cega de bágoas
sen ver os teus pés.

Son eses, 
os que aboian sobre a grava,
os que impactan no mundo,
os que tropezan cedo

por fuxires tarde e sen música,
por non correres dabondo,
coma el.

16/10/12

Novidades literarias

Agustín Fernández Paz (Foto: Faro de Vigo)

Esta semana hai boas novas no panorama literario.

Porque unha moi boa nova é a nominación de Agustín Fernández Paz ao premio ALMA. Este é o premio máis importante de literatura infantil do mundo e sempre dá unha alegría ver a un autor dos nosos e de toda a vida (que igual non vos soa, pero listes algo del fijo) nominado para tal honra, un premio a toda unha carreira e non a un número de vendas, como tanto se estila agora.

Noutra orde de cousas, lembrades o premio Pura e Dora Vázquez do que vos falei? Pois a modalidade de narración xa ten gañadora: Ángela Fernández Rey. Queda por ver quen ilustra a súa historia!

Leo tamén na AELG que se convoca un novo premio de poesía, o do Concello de Fornelos de Montes. Non vos podo dar máis datos porque os enlaces non funcionan, pero supoño que este problema se solucionará en breve.

ACTUALIZACIÓN:  Aquí tedes as bases e aquí a páxina do Concello de Fornelos de Montes coa información. O prazo remata o 31 de decembro e o premio son 2.500 €. Se tedes por aí de 500 a 800 versos inéditos ou un ratiño para ilos creando, xa sabedes!

E algo máis haberá, mantereivos informados!

15/10/12

París: Día 4

Día 4 e último! Cundeu, verdade? Despois de paseos durante un, dous e tres días, ao cuarto tocaban museus. Fallo de planificación: era luns, e o Musée d'Orsay, o que máis me apetecía ver, pecha os luns. En fin, xa volveremos. Desta volta, tocou só Louvre.

A Victoria de Samotracia - Foto AST
 
Por se non o sabedes (pero se sodes listiños xa o sabedes), ir a un museu a velo todo é imposible, cansado e, en resumo, unha tontería. Hai que ter certa idea de que se quere ver, ben buscando nunha guía, ben preguntando. Nós démoslle un rulo de dúas horiñas máis ou menos. Eu quería ver, ante todo e sobre todo, a Victoria de Samotracia. Que pasote. A min déixame sen fala, por riba está colocada nunha escalinata e semella máis maxestuosa aínda. Despois diso, un paseíño ver aos pintores ingleses e americanos, grandes olvidados, pero prestoume moitísimo poder ver un Turner e un Constable así, en vivo e en directo!

A foto está como está, pero iso é un Turner, meus amigos! - Foto AST
 
Logo algo de franceses, que non pode un saír do Louvre sen ter visto á Liberdade guiando ao pobo nin a Balsa da Medusa. Pódeselle botar un ollo á Mona Lisa, é a que está detrás da masa de xente, á Venus de Milo e máis pezas míticas. Nós curioseamos algo de escultura e xa marchamos, directos ao Marais, outro barrio encantador a través do cal chegamos á Bastille.

O que máis mola é pasear. Non faltan modernos, tampouco - Foto AST


Praza da Bastilla - Foto AST


Como quedaba tempo, que mellor que volver pasear polas illas (Notre Dame seguía igual de impracticable) e camiñar, e tomar algo nunha terraciña, e cear nun sitio do máis parisino e perfecto. Non hai nada mellor. Ou se cadra si. Se cadra o descubra na vindeira viaxe!

Cafés en St. Louis - Foto AST

Le Petit Parisien, na Rue Tholozé, Montmartre - Foto AST
 

12/10/12

GUSTOUME... (12)

Ración de cousas molonas marchandooooo!

Ilustrador novo atopado e hearteado, que diría o outro: Jon Klassen. Os libros teñen unha pintaza. Ou será que me perden os álbumes ilustrados para pequechos...

Jon Klassen, máis cousas na súa web e en Designmom
Outra ilustradora para o Gustoume de hoxe! É a man creativa da portada da última Dot:, a número 45 (que podes ler e descargar aquí) e tamén fai cousas guapas coma as que pon no seu blog.

Ilustración de María Nóvoa


Toca comida? Comida logo!
Teño unha palabra clave que fai calquera cousa deliciosa: palitos. "Forma de", nada de cangrexo de pufo que dá alerxia igual. Palitos de berenxena! Snack para tontos, aí vou!
 No blog de Rachel Khoo vin estas mazás asadas con hojaldre, a receita está neste outro enlace!

Apple Puff Pastry Parcels de Rachel Khoo

Téñolle ganas tamén a esta crema de alcachofa. Non vos metades coas alcachofas, que dan para moito! Outra crema-salsa que ten pinta de rica é a que fixo El Comidista nesta receita con ovos e salchicha, leva pemento e berenxena e chámase ajvar, parecido á torre pirola de Barcelona, ou?

Remato coa comida co que aprendín esta semana sobre as diferentes cabazas, moi interesante!

A cabaza Pattinson (de Crepúsculo), visto en Directoalpaladar

En Literautas teñen un agasallo para escritores/as: un colgador de "non molestar". Eu vouno imprimir, aínda que non teña quen me moleste pola tarde...

Decir que isto mola é pouco dicir. Que tal se comezamos a preparar disfraces do Samaín con papel? Atención a estes animais!

Descargables para se disfrazar de animaliño! Visto en Kireei

Falando do Samaín, novas tarxetas de Halloween de Wilt&Whistle:

Visto en Whilt&Whistle

Atención a este plano: é de película!

Visto en Nometoqueslashelveticas


 Considero que os de PopChartLab nos deixan clarísimas as redes sociais nesta sinxela imaxe. Tomade nota:

Visto en PopChartLab


 De decoración traio pouca cousa. Só un puf que me está tentando...

Un puf de punto. Mola! Visto en Vintage&Chic

Máis cousas!
Andas por Londres e o da creatividade éncheche o ollo? Bótalle un ollo a esta plataforma: Círculo Creativo London. Non hai iniciativas malas, non é?

E para pechar, hoxe paso de malas noticias, gústanme máis as boas. Coma as de libros.


Felicidades!

 Nun banco coma ese, dentro doutros trinta e tres anos, ou máis, ou durante todos os días de todos os anos, sentiríame coma na mansión máis grande do mundo, sempre e cando sentes ao meu carón.

Hoxe, que saen exércitos e xente con bandeiras ás rúas da capital e que o importante é que nós non temos que traballar é un bo día para festexarte. Coma todos, pero hoxe, oficialmente, exclamo:


Felicidades, meu amor!



ETIQUETAS