17/07/12

GUSTOUME... (6)

O da semana empezo a tomalo dun xeito bastante laxo, pero é o que ten ir de fin de semana ver á familia, que tanto dá non actualizar o blog.

Gustoume que en disquecool falaran dun novo local de hamburguesas que hai en Vigo, xa fun un par de veces e a verdade é que, a pesar dos prezos, está moi ben. Se non me credes, mirade que pintaza:

Pepita sorrentina, ñam! En La Pepita Burger Bar

Pintaza tamén teñen estes pans recheos de quiche... Light, light non é... E quen me mandaría ir ao blog orixinal da receita, Spoon Fork Bacon, ten pinta de prometer...

Visto en Cocinar para dos
Algo máis san para compensar (e por aquelo de que eu estou a dieta e as gochadas me fan salivar)? Que tal un ceviche? Parece idea xenial, aínda que eu prescindirei do marisco, non vaia ser o demo...

Toca decoración. Esta semana non vin moita inspiración, se cadra este artigo sobre casas de película (literal), no que sae unha casiña preciosa que xa me gustou cando vin a peli:

A casa de The Holiday por fóra

O baño molón, se ben pequeno, da casa de The Holiday

E a cociña, son eu, ten que saír a cociña

Cambiando de tercio, este apartamento inspira un montón. Gústanme os cadros apoiados no chan. Supoño que para iso teño primeiro que poñer algo nas paredes...

Visto en Decoesfera

E vou acabar o de decoración cun clásico: a expedit! Na miña casa conto 5... mi má! Algún día volas ensino, pero xa aviso que non son tan bonitiñas coma esta.

Visto en conbotasdeagua

Nunha nota algo máis seria, gustoume moito este artigo sobre o éxito: visto o visto, considérome muller de éxito. Si eu xa vos dicía que o truco está en ser feliz...

Tamén hai que poñer o que a unha non lle gusta. E non me gustan os ladróns mentireiros, nin que me tomen o pelo, nin que me manden á merda, e moito menos que nos quiten dereitos facéndonos crer que nos quitan privilexios.

Apertas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dime que pensas...

ETIQUETAS