29/07/12

GUSTOUME... (8)

Xa estamos aquí! Xa logo chega agosto para facerme máis vella, e eu sen coroa de aniversario aínda! Polo menos traio posts fresquiños de cousas molonas. Aí van!

O ilustrador que máis me gustou esta semana vino en No me toques las helvéticas.Chámase Lim Heng e ten esta ilustración tan curriña e outras moitas mesmo feitas camisetas en Threadless (tiendaza, logo non digades que non recomendo cousas boas). Tamén podedes ver o seu traballo na páxina ILoveDoodle.


Visto en No me toques las helvéticas

En muy molón vin unha idea preciosa para regalar: recordos!

Andamos de olimpiadas, así que botade un ollo a estas camisetas olímpicas retro!

Non vou poñer fotos de comida que xa estou eu abondo famenta a estas horas, pero si que vos deixo unha receita para verán de ensalada de espinaca con polo asado e patacas crocantes, un aliño distinto para as sardiñas e un postre rico-rico: piruletas de froita con chocolate.  Máis de comida, unha reflexión interesante os 10 pratos máis sobados do momento, por Mikel Iturriaga.


A rapaciña das Helvéticas estivo sembrada esta semana de achádegos preciosos, que vos parecen estes pósters de caras tipográficas? Por algo se chaman type faces, ou?

A cara da Times New Roman


Como ten que molar ten un taller ou estudo coma este para traballar... Eu non fago cousas de tea, pero vexo sitio para pinceis, recortes, lápices e o meu amigo o PC (o do portátil abandónase en canto che doen as cervicais a morrer con vinte e pico anos...). Ainsh! Soñar é gratis!

Visto en Design Sponge

Neste enlace, tedes a clave de como amañar calquera cousa, pero calquera-calquera, do mundo mundial explicado con sinxeleza. Enxeñeiros a min, ha! :)

Coma unha vaca en brazos son de pesada, seino. Así que me repito, pero é que estas bicis de estilo antigo son preciosísimas! Mágoa que en Vigo haxa tanta costa...

Orixinal de Room 269
Non teño moita cousa de decoración (sen fotos de cociñas? imposible!) pero teño que contarvos (salto, salto, emoción, palmada) que pronto estará disipoñible o catálogo 2013 de Ikea, sancta sanctorum dos que salivamos ante revistas de decoración e detalles a bo prezo. Eu vou empezar a dar a tabarra no quiosco en breve.

Cociñas non hai, pero gústame moito o cadro (o da dereita!) desta imaxe e a libraría que vos poño a continuación. A quen non lle gusta unha libraría ben repleta cubrindo a parede?

Visto en Rue Vintage 74

Visto en Rue Vintage 74


Neste enlace, visto en Little Brown Pen, hai unha lista de cursos gratuítos online de grandes universidades. Non está mal botarlle un ollo. Haberá un de Illustrator? Hehe.

E para rematar, de actualidade, déixovos un bo post de Enric González en Jot Down.

Boa semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dime que pensas...

ETIQUETAS