Visto en MarthaStewart |
O luns parece ser o mellor día para recomendar enlaces. Por que? Porque paso de currar a finde, definitivamente. E vas currar agora nas túas (breves) vacacións? Preguntarédesvos... Pois si, eu son moi ben mandada e ademais sei programar entradas no blogger :)
Sinto, por outra banda, non actualizar o suficiente, pero dadas as circunstancias, coido que non o estou a facer tan mal! Veña, clicade e paseade pola rede, que será por cousas molonas!
Comezo coa comida? Para variar. Pois direivos que non poido dicir "aros de cebola" sen babas. Así que aí van: aros de cebola! (slurp!).
Da fritanga ianqui á bella Italia. Como sabe esta xentiña... Que si focaccia, que se unha salsa perfecta para o verán, mesmo un restaurante para apuntarse nunha visita a Madrid!
Ademais de cociñar, pódese salvar o mundo... pouco a pouco, pero que non se vos olvide.
Hai cousas que alegran o día, coma as mulleres orgullosas da súa idade ou estas láminas con mensaxe. Será por láminas! Encantáronme estas e tamén esta, para sentirse ben (e é que en muymolon.com teñen cousas ben guapas):
De muymolon.com |
Logo tamén hai pósters complicados de máis... pero a quen non lle mola Batman?
Por certo, momento nostalxia dos 80 e 90: non vos perdades estes videos.
O mellor momento DIY desta semana son estas escaleiras. Dánme ideas de máis...
Coxíns bonitos, estanterías de envidia,... será por buscar!
Visto en Kireii |
Visto en Kireii |
Casas que molan? Mirade que suelos e que portas, máis baba!
Visto en BohoDecoChic |
Aí vai a cociña, que xa vos tardaba:
Visto en Virlova75 |
Visto en littlebrownpen |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...