Vós non o sabedes, pero en Madrid hai rúas que lle dan a volta ás cousas.
Un pensa que se está achegando ao metro pero en realidade está dado a volta sobre a rúa Areal e ve á xente paseando baixo a súa cabeza. Párase e observa, interesado, e analiza aos transeúntes con ollo clínico. Este mercou zapatos, estoutro vai ao bar, a esta vanlle as quinielas. Logo de cavilar sobre os destinos e as orixes da xente, dáse conta de que está cabeza abaixo sobre eles e non sabe como poñerse dereito.
Mira para os pés e ve que están suspendidos no aire coma agarrados por cadeas, ao fondo as nubes, abaixo a rúa, antes hostil e agora tan desexada.
Chouta e estírase, coa dor nos xeonllos que iso supón. Estira as mans e espera soltarse do seu recén atopado inferno de apresamento. Pero está dado a volta e xa esqueceu que tiña un blog que actualizar. Iso pasounos a moitos, non o neguemos. Só lembra que se quere soltar do ceo e volver á terra, porque hai un límite para todo, mesmo para o bon.
Agarra os nocellos e tira, remexe as dedas e tira da cabeza, e nada o solta do seu engaiolamento. Case pensa que hai nubes ríndose del e que o sol brilla porque escacha da risa. Con xesto anoxado segue a darlle pulo aos membros, a tirar e a se remexer. Xa deixou de mirar á xente, pero a xente segue sen darse conta de que está aí.
De súpeto, un raiola vingadora, coma un superheroe saído dun cómic, rachou as ataduras de nube e el caeu. Caeu de cabeza como da nada pero ninguén o viu. Ninguén ve a ninguén na cidade.
Espertigou, mirou para arriba dende o chan. Alguén achegoulle a man. "Caeu, señor?". Caín, si, di el, coma se non soubera ben de onde. Érguese e segue camiñando. Debino soñar, pensa. Pero a crua realidade é que as rúas de Madrid lle dan a volta ás cousas. E, ás veces, á xente.
E a xente mesmo esquece actualizar o seu blog.
let's get unconscious, honey
bedtime stories -- Madonna
Non necesitabas buscar unha excusa tan boa pra decir que te esqueceras de actualizar muller, que todos temos fases e non andamos poñendo a Madrid patas pra arriba jajaj.
ResponderEliminarDe todos modos saiuche un moi bo conto, certo é :)
besiños.
¡Moito me molou! Muack remuacksssss
ResponderEliminar(e non sei por qué carallo non che poido firmar isto coa miña conta de blogger... toléame isto)
Ponlo también en castellano porfi...que no entiendo muy bien...Un saludito!
ResponderEliminarandan haciendo el pino????
ResponderEliminarEso eso Meighinha, que tal y como están las cosas aún serà culpa también de los catalanes ja ja ja.
ResponderEliminarun petó