Tiven que poñer un tapón na tempa.
Como non sabía se os recordos se poden mover, collín unha bolsa de conxelados das grandes para metelos todos e que non fuxisen outra vez. Revisei o salón de arriba a abaixo, movín os mobles, faltaba algo... Acabei derrumbándome no sofá, aferrando a bolsa de conxelados con todas as miñas forzas.
Na miña tempa esquerda, o tapón de cortiza vibraba. Había que facelo moi rápido ou poderían saírme máis cousas. Roín a esquina da bolsa e apretei o buraco con dous dedos. Era unha desas ocasións nas que faltan mans. Como quitar o tapón e introducir os meus recordos coa miña manga pasteleira improvisada sen que escapasen máis? Pois rápido e con coidado. Apretando a bolsa con firmeza e pechando os ollos con moita forza para aspiralo todo para adentro. 29 de xullo de 1981. 4 de maio de 2006. 655678906. A túa cara ao sol. Os meus beizos no teu pescozo. Unha viaxe á casa no meu coche. Tapón outra vez.
Que susto. Máis tarde, heille poñer unha tirita. Pero primeiro teño que atopar as túas mans.
Moi chulo, coma sempre. ¡Bicos mil! QRT
ResponderEliminarQué preciosidad, Beluka...(cómo no van a publicarte?!!!)
ResponderEliminaryo metería en mi bolsa de congelados un 31 de julio de 81...casi ;)
Mua!
Moitos recordos metería eu nos conxelados... pra non recordalos mais...
ResponderEliminarMoita sorte na búsqueda de traballo, seguro que pronto tes algo bo que contarnos :)
bikiños.
P.D.: preciosa la ballena :D
ResponderEliminar