18/07/07

Caixas de min

Agochei palabras debaixo da alfombra.


Nuns días marcho e, para a mudanza,
terei que agochalas nunha caixa de zapatos.

Como todo. Como a colección de posavasos.
Logo a miña caixa de palabras e eu volveremos.

Aí.





































Uns días.
Eses días terei que abrila varias veces.
Atarei unhas palabras a outras e farei colgantes de agasallo para amigas,
outras heinas coser e facer camisetas de moda.
Tamén as pegarei en tarxetas de aniversario,
en libros
e no corpo.


Cun par de bicos adheriranse perfectamente,
negro sobre branco,
times new roman no embigo
e confesións en arial nas fazulas.



Nuns días marcho e, para a mudanza,
levo apertas en mochilas e bicos en maletas.
Levo ganas de volver nos pés,
aos que lles pesa a incertidume de a onde van.


Mentres vaian,
e teña mochilas,
todo irá ben.










And I'm surrounded
You spill
All alive and brand new
And I'll forget about you long enough
To forget why I need to

And I saw
Pictures in my head
And I swear I saw you opening up again
Cuz I would be heavenly if
Baby you'd just rescue me now

I Saw -- Matt Nathanson




4 comentarios:

  1. Ay, las mudanzas...
    ...sigamos contando con las mochilas de manera indefinida.
    Beso, Beluka

    ResponderEliminar
  2. Que fermosas palabras tan ben "en-caixa-das"!!!.

    Unha aperta grande de verán.
    ;)

    ResponderEliminar
  3. Volta menina que xa rematou o verán e comezou o outono...

    Volta abrigada.
    Unha aperta
    :)

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS