30/10/07
A vulnerabilidade da noite
Esquecín a coraza na casa e saín en carne viva.
Foi estrañamente agradable sentir o vento entre os tendóns.
Mesmo me detiven un anaco a observar cómo se contraían os músculos, húmidos e rosados.
Cando un esquece a coraza deixa máis que pel ou ferros.
Deixa as armas, coma se o resto do tempo foramos amazonas, guerreiras, murallas de granito protexidas por arqueiros.
Deixa o valor e a mercromina.
Que a mercromina cura todo.
Pero sinte tan fortes os bicos coma os puñais.
Sinte coma se fora do revés.
E as cóxegas no estómago son tornados de ilusión.
E as caricias son terremotos de pracer.
E os bicos no pescozo son xemidos atronadores que che piden que non pares.
Non pares.
Que esquecín a coraza e son vulnerable.
Non pares.
Que te sinto tras as veas, atrapado en mín.
Non pares.
Que mañá poida que non a esqueza.
E poida que un arqueiro me defenda de ti.
Mesmo se eu non quero.
and I roll over
and taste the pillow with my grin
Shy -- Ani Difranco
I know men are delicate origami creatures
who need women to unfold them
hold them when they cry
Origami -- Ani Difranco
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
as corazas fixeronse para defender o corazon, pero sen elas todo pode ser mais intenso.
ResponderEliminarapertas
Señorita...tiene usted un encargo computado en mi bitácora, por ser tan buena.
ResponderEliminarMua
Gustoume moito este escrito, moi plástico. Gustoume.
ResponderEliminarUn saúdo.
Pra que queremos corazas? pra que nos serven? Se cando baixamos a guardia e nos deixamos querer, algún día pérdese todo e a coraza faise moito mais grande se cabe...
ResponderEliminarNon sei se é mellor andar sen ela ou non quitala nunca.
bikiños.
Á espera de novos posts neste blog, curioseo entre os vellos versos. Gustoume este: corazas e vulnerabilidades.
ResponderEliminar