25/11/07

Sen chumbo

Dende onde te miro, dáme o sol nos ollos e éntrame o frío nos ósos.
Dende aquí, non me oes, así que berro.
Dende aquí, non me ves, así que lanzo fotos feitas avións de papel.


Onde estou hai remuíños de voces e estrondos de teclas.
Qwertys no rural.
Onde estou choven olladas, estrelas e xeada.
Vixíame Orión.
Coma sempre.




Póñoche outra?




... e poñerás.... pero sen chumbo, que levo o coche...


Aquí hai rebumbios de xente-globo.
Nenas nas nubes de perfil.
(¿Que pasa se as pinchas?)


Hai quen hoxe suma coma mín de novo
2+6=5+3
[felicidades]


Hai ratos que comen vinilos dos 70.


Hai detectives con gabáns que sospeitan de mín.
Fuman pipas de marihuana e pensan que estou a bailar.
Non, señor, eu non lle bailo.


Hoxe non.
Outro día.
Sobre a area.
Con zapatos novos, se cadra.
Envolta en ti.


Oíches iso?


Terei que berrarcho.


Velaí vai outra foto.
Gárdame un mimo e levareiche máis.






Fotos: Raquel Campos





You and I should ride the coast
and wind up in our favourite coats
just miles away

The Day We Caught The Train -- Ocean Colour Scene

5 comentarios:

  1. Eses avións, si, tan febles así como son, de papel, lixeiros... fanse notar moito, a verdade.

    ResponderEliminar
  2. Esa frase final...un abrazo, Beluka.

    ResponderEliminar
  3. mimos os que queiras, pero si dame mais....poesia
    que intensidade na mirada!!!
    impactantes apertas

    ResponderEliminar
  4. Encantoume. A partir de agora pasarei sempre por aqui

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS