07/12/07

Porque hoxe é inverno


Porque hoxe é inverno
os espellos reflicten néboa.


Na miña rúa só pasan homes con gabáns
todos teñen a mesma cara
todos se saúdan cun aceno da cabeza
todos levan maletíns de coiro
cheos de reloxios.


Os tellados detrás de Manuel Núñez
estanse convertindo en París
e os homes dos gabáns non tardarán en asaltalos.
[18ème arrondissement.
montmartre.]


As bailarinas mortas sairán do Moulin Rouge
(aló pola Ronda de Don Bosco)
correndo,
axitando plumas e sosténs
e abrirán os peitos sanguiñolentos
baleiros
e pediranlles reloxios
que lles devolvan o ritmo
que accionen as pernas
que substitúan os corazóns que perderon
nunha partida de póker cando querían gañar diamantes.




Os peitos péchanse con candado
e os homes dos gabáns gardan as chaves nos maletíns
antes de subir aos tellados
detrás de Manuel Núñez
en París


Antes de xogar á brisca con cadáveres
e ao xadrez con magos
apostando os corazóns perdidos
das bailarinas mortas do Moulin Rouge.










that i would be great if i was no longer queen
that i would be grand if i was not all knowing

that i would be loved even when i numb myself
that i would be good even when i'm overwhelmed
that i would be loved even when i was fuming
that i would be good even if i was clingy
That i would be good -- Alanis Morissette

6 comentarios:

  1. Acabo de descubrir este blog e vexo que virei máis a miudo.
    Gustoume este poema. Hai versos fermosos e poderosos nel, como os que lle dan comezo.
    Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. O ratón viaxeiro do meu ordenador vaime levando clica aquí e clica alí, de un blog a outro, e así vou coñecendo sitios novos, coma este que me encantou, un poema fermoso e ben escrito, Teño que ler máis.
    Poñereite nos meus links. Un saudiño.

    ResponderEliminar
  3. porque hoxe e inverno, e por moitas cousas máis, voltei... espero que por moito tempo...

    bicos

    ResponderEliminar
  4. Aquí en Madrid é frecuente ver a ises homes con gabáns no outono, e sempre que me atopo algún deles coincídeme que chego tarde a algún sitio.
    Sabes, creo que Magritte tamen sabía deles, pintounos nalgún cadro... Golconde se chamaba, creo...

    ResponderEliminar
  5. Fermoso este poema latexando nun Vigo/París máxico/onírico, de gabáns e bailarinas.
    E interesante este blog que non coñecía e que irei lendo e saboreando pouco a pouco.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Que non se pechen os peitos, que se enchan de ar e vida...

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS