14/10/08

Lección urbana nº 1


O día que el lle contou ao oído que os edificios eran dentes
eu comezara a cavar na encía.


Xa contara os molares, as caries, os restos de comida entre as tuberías.
Xa observara, entrepechando os ollos innecesariamente para denotar esforzo,
que contalos era máis sinxelo que se foran estrelas.


Pero que ninguén vaia pensar que non os había que brillaban máis.
Habíaos.
Os máis escuros,
os edificios case derruídos,
eses que nunca se enxaugan con eucalipto.
Os que se dan por perdidos
brillaban con máis historias ca calquera outro.


Anegábanse de gatos escribas e medraban de noite nas sombras,
mentres el, o descubridor do urbanismo dental,
gravaba na pedra a historia dos gatos
que agatuñaban nos tellados a historia dos edificios
que de noite só eran dentes retortos
e de día non eran máis que macetas.


O día que eu comecei a cavar na encía,
el contoulle que os edificios eran dentes
e ela non o creu.


Eu xa contara as moas, xa recollera saliva na miña pa
e dera patadas ás bochas do interior dos beizos.


Non me importou darlle unha a ela.
Se non o cría, ben a merecía.

4 comentarios:

  1. Coma sempre, Grande Belukinha.

    ResponderEliminar
  2. Muy bueno este post...

    La foto... es Galicia? Es q parece Santiago, q lo visité hace dos veranos y me encantó...

    Un abrazo!!!!

    ResponderEliminar
  3. Ola,
    A foto é de Vigo, non?

    ResponderEliminar
  4. Se che digo a verdade, non me lembro, non é miña a foto, pero penso que sí, que é o tunel en obras da zona vella, por onda a biblioteca

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS