O científicio ávido por explorar o complexo estudo da gramática de corpos debe, sen temor a perder a súa mestría ou sabedoría, despoxarse de todo preconcepto adquirido sobre a morfoloxía , en xeral, do ser humano e sobre o funcionamento do seu cerebro, en concreto.
O estudo que a gramática de corpos ofrece da ontoloxía humana debe entenderse en todo caso, meu querido lector, como un re-descubrimento, un re-coñecemento das partes que conforman a cada unha das persoas e outros seres afíns. Establecerase, no curso da nosa actividade, unha nova taxonomía de carne e ósos, baseada na máis estrita semántica neurofuncional a escala celular.
Está vostede a punto de descubrir non só unha gramática funcional, senón unha gramática histórica e, sen dúbida, transformacional, traída ás súas mans grazas ao estudo exhaustivo adicado durante longos anos polas persoas (e seres afíns) que conformamos o Equipo Gramático B4A.
Propoñemos ao lector, antes de se adentrar no corazón deste volume, realizar un sinxelo exercicio de reflexión, de cara á nosa primeira lección, sobre as seguintes cuestións:
2. ¿Perde este mesmo acto/efecto humano complexidade nas devanditas circunstancias?
3. ¿Cre lóxico afondar na complexidade deste acto/efecto, tan habitual?