07/11/09

Gramática básica. Introdución.



O científicio ávido por explorar o complexo estudo da gramática de corpos debe, sen temor a perder a súa mestría ou sabedoría, despoxarse de todo preconcepto adquirido sobre a morfoloxía , en xeral, do ser humano e sobre o funcionamento do seu cerebro, en concreto.

O estudo que a gramática de corpos ofrece da ontoloxía humana debe entenderse en todo caso, meu querido lector, como un re-descubrimento, un re-coñecemento das partes que conforman a cada unha das persoas e outros seres afíns. Establecerase, no curso da nosa actividade, unha nova taxonomía de carne e ósos, baseada na máis estrita semántica neurofuncional a escala celular.

Está vostede a punto de descubrir non só unha gramática funcional, senón unha gramática histórica e, sen dúbida, transformacional, traída ás súas mans grazas ao estudo exhaustivo adicado durante longos anos polas persoas (e seres afíns) que conformamos o Equipo Gramático B4A.

Propoñemos ao lector, antes de se adentrar no corazón deste volume, realizar un sinxelo exercicio de reflexión,  de cara á nosa primeira lección, sobre as seguintes cuestións:



1. ¿Perde un acto/efecto humano importancia se se repite coa suficiente frecuencia?
2. ¿Perde este mesmo acto/efecto humano complexidade nas devanditas circunstancias?
3. ¿Cre lóxico afondar na complexidade deste acto/efecto, tan habitual?


 

6 comentarios:

  1. 1. Non só non perde importancia senón que, case con certeza, a gaña.

    2.Poida que si, posto que un acto realizado con frecuencia acaba automatizándose, por exemplo, o acto de conducir e mesmo conducir o mesmo traxecto, ou facer unha receita tantas veces que xa non necesites mirar a receita nin medir os ingredientes.

    3. Sería verdadeiramente apaixonante!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Bffffffff no tengo ni la más remota idea de que contestar. De hecho, creo que en mi vida nunca se ha dado un acto/efecto, quizás si un acto/afecto ;))))

    Besos encantados

    ResponderEliminar
  4. Vouvos dar unha pista: pensemos nese feito que transforma o corpo da maneira [se cadra] máis brusca posible nun tempo [relativamente] breve.

    E comprométome a sacar a Lección 1 pronto.

    Grazas por estardes aí.

    :*

    ResponderEliminar
  5. Agardaremos pois por esa primeira lección. A introducción promete...

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS