Coma quen non quere a cousa, marcho de vacacións de Nadal despois duns meses de blog maltratado.
Gustaríame ter máis poemas e ilustracións cos que encher este recuncho meu, pero os quefaceres diarios e os compromisos escritoriles gañan na lista de prioridades.
Iso si, estes días din sacado algún momentiño para preparar os agasallos de Nadal da familia: aí vos deixo os materiais cos que estiven fedellando: tinta en degradados verdes, selos tipográficos e de adorniños, cinta washi navideña e o cordeliño que tanto me gusta. Aínda quedan cousas por envolver para levar a Cervo mañá, pero é que para min é un gustazo ver que todo está bonitiño e que aos agasallados lles gusta.
Descansemos, pois, cada un o que poida, disfrutemos dos momentos de tranquilidade, se os hai, festexemos con familia e amigos as cousas boas e riamos por un día das cousas malas, que para iso son as celebracións.
Boas festas!!
E ata o ano que vén ;)
23/12/13
18/12/13
Venecia
Velaquí a última entrega das fotos da nosa viaxe:
A última parada en Italia da lúa de mel, despois de Florencia, foi Venecia.
Collimos tamén un tren e chegamos á illa polo que chaman a Via Libertà: unha ponte longuísima que só é carrís para coches e a vía do tren... ver ás gaivotas voar sobre o tren era un momentazo-zelda-spirit-tracks tremendo.
Frikismos aparte, chegar á cidade e cambiar as rúas con coches por canais con lanchas de góndolas fai que escape un sorriso. Ademais, en outono, parece que a cidade é ben máis agradable, aínda que a marea estea alta grande parte do tempo (e, en consecuencia, algunhas partes anegadas). Faise de noite cedo e a iluminación non é moi abundante, pero esta vila ben merece uns bos paseos.
Para min foi máis que inspiradora, coa súa atmósfera grisenta, coma Santiago na choiva, coas súas curiosidades coma tiradas dun conto e esa sensación de irrealidade. Ata o último día, o clima acompañounos e, malia o frescor do outono que xa se deixaba notar, disfrutamos de cada minuto da viaxe.
Aí non acabou a cousa, voamos a Madrid (chegar ao aeroporto en barco é unha pasada) e de alí a Gran Canaria. Como non vos quero mal, de aí non ensino fotos: todo foi deixar o cerebro líquido e relaxarse ao sol (eu á "sombrilla", pero vale igual). Unha grande viaxe, irrepetible. Espero que vos gustase.

Un conto acuático... |
Fermosas igrexas... medio anegadas. Ten o seu encanto. |
Portas ás rúas e portas aos canais, coas lanchiñas ao pé da casa // En moitas rúas hai pozos antigos coma este |
Piazza de San Marco con dous palmos de auga. Aos nenos non lles importaba o máis mínimo... |
Un clásico coñecido: O café Florian // Unha rúa dun clásico: Calle Tron! |
O león alado é o símbolo de Venecia, un símbolo precioso, se me preguntades a min... |
Baixo a choiva, este outro león ollaba tranquilo á xente pasar. |
11/12/13
Florencia
E sigo coas fotos da viaxe! Xa sei que os contidos do blog están frivolizándose (que tampouco me quita o sono, se vos digo a verdade), pero haivos moito choio e sei duns cantos que prefiren que colgue fotos a esgalla pero que lle dea duro a iso de escribir :) En fin, sigo contando:
Na nosa lúa de mel, despois de visitar Roma, collimos un tren á belísima Florencia, onde pasamos dúas noites.
A cidade en si é preciosa, os monumentos están por todas partes e só camiñar pola zona do río xa é un pracer. O máis impresionante: a catedral. Para entrar nela hai que facer una cola de mil demos, e como o tempo non sobraba, tivemos que deixar pasar a oportunidade. Iso si, dende fóra, xa deixa a mandíbula frouxa!
Velaquí tedes unhas cantas fotos (si, estoume aficionando aos filtros, que lle vou facer). Espero que vos gusten!

Nas paredes do Palazzo Pitti, uns cantos leóns observaban a cola para entrar. Este debía de estar preocupado... |
O Ponte Vecchio, foto obrigada. E ben bonita, por certo. |
A foto "con bichos" tamén é obrigada :) |
A pesar do efecto, xuro que as cores brillan así ou máis: o Duomo, unha preciosidade. |
O Duomo é imposible de meter nunha soa foto. Que barbaridades facían estes italianos... |
Un paseo polos xardíns Bóboli e un oquiño para unha foto entre o xentío na Pza. Signora. |
02/12/13
O procurador de OVNIs
Xa está na rúa a Dot:52 e nela unha nova ilustración miña e un novo texto de Sergio (que ten un blog tamén, botádelle un ollo!).
Desta volta a idea foi sinxela de captar e imaxinar, pero o habitual formato horizontal toleoume uns cantos días. Ao final, decidín ceder ao que se reflectía nos meus miolos e tirar ao vertical, estreitiño, para que coubera o texto.
Velaquí tedes o texto orixinal de Sergio, que tamén podedes ler na edición online e papel da revista:
«Un día quise ver extraterrestres y todo eso. Entonces yo todavía vivía en la casa de la terraza, en el Berbés, y, durante la época estival, dormía en ocasiones junto al Golden Retriever, mirando al cielo desde una tumbona. La primera noche, sólo vimos luces. La segunda, se movían, pero no como se mueven las estrellas, sino que trazaban una órbita dominada por el caos. La tercera noche que vigilamos el cielo algo nos sobrevolaba, e incluso pude notar cómo el perro se ponía nervioso. Después nos quedamos dormidos y yo soñé que un ovni se posaba en un patio cercano y entonces sentía que eso me proporcionaba todas las respuestas. Al día siguiente, satisfecha mi curiosidad, olvidé a las naves y me obsesioné con una chica. Era de rostro dulce y diez años menos. Estuvimos juntos algunas semanas, y siempre contará con la aprobación de haber sido mucho más difícil de seducir que de amar, aunque esto fuese debido a supersticiones culturales. Más escueta fue la despedida: a ella no le gustó que comparase nuestra relación con una lavandería y cerró dando un portazo. Cuando la volví a ver, casi un año después, su vestido todavía brillaba. Después de amarla me fascinó el número sesenta y tres. Lo veía en todas partes: en las matrículas de los coches, en los precios de las cosas y en los termómetros, antes de que estallasen.»
27/11/13
Roma
A nosa lúa de mel comezou mooooi cedo. A viaxe polo menos. O martes erguímonos ás 4:30 da mañá, puxemos as farolas e subimos ao aeroporto. Primeira parada no aeroporto de Barajas (que agora é un centro comercial pero coa comida carísima, parece ser) e seguinte voo ás 11:55 cara a Roma.
Serei sincera e direi que, aínda que me gustou moito, me decepcionou un pouco. Se cadra puxera a cidade nun pedestal na miña cabeza, se cadra era mala época, pero o ruído, as masas de xente e esas cousas non son o meu.
Foron tres noites e dous días e medio de moito (moito, moito) camiñar, así que cundeu e disfrutámolo. Si, a pesar do ruído e da xente. Porque unha lúa de mel é para disfrutar, faltaría máis.
Por certo, entrei en modo friki e tirei algunhas fotos panorámicas e esféricas co móbil. Podedes velas neste enlace.

A Fontana di Trevi. As fotos non lle fan xustiza, é impresionantísima. Mágoa de tropocentas persoas arredor... |
Bicis e portas molonas. Váleme todo, vaia :) |
As pombas son jodonas en todos laos. Piazza Navona, preciosa. |
Este mercado parece unha postal, pero non o é. Os postos daba gloria velos. |
En inverno, as taquillas para entrar ao Coliseo pechan ás 15:30 (WTF, verdade?). Quedades avisados. |
O Baldaquino de Bernini en San Pedro. A basílica é pa' caer de cu. Unha marabilla arrastrando recordos de COU :) |
Piazza da Republica. Sorpresa de camiño ao hotel: de día non sobresae, de noite parece Nadal... |
22/11/13
Outubro en fotos
Chamarlle "outubro en fotos" se cadra é moito chamarlle... Porque outubro, como xa sabedes, tívome ocupadiña ultimando detalles para iso de casar, e non hai fotos do mes agás polas do "evento".
Cris xa contou a súa crónica no seu blog de moda (grazas!), e eu algo da viaxe deixei caer por twitter. Pero bueno, para rememorar un día precioso (non só climatoloxicamente) e por aquelo de ter outro momento selfie, como din pola rede, aí van un par de instantáneas.
As fotos da viaxe déixoas para próximas entregas que, co voso permiso, virán pouco a pouco, segundo me vaia permitindo escaquearme o meu proxectiño... que xa está ben de tomalo con calma!

:*
E si, os nomes das mesas eran circuítos, claro! A nosa, como non, Mónaco :) |
25/10/13
26/10/13
Entre a foto de arriba e a foto de abaixo hai case 4 meses e 24 días.
A quen vos diga que non se pode organizar unha voda en 4 meses e 24 días mandádesmos a min.
Pódese.
Vaia se se pode. E, polo que me din, o dos nervios pasa sempre, así que
non sei se compensará estar un ano ou así dálle que che pego.
E á volta... á volta hai moito que facer, así que xa vos contarei e amosarei.
Lémonos! :*
Cadro da imaxe feito por Marcos Puhinger |
18/10/13
Nai e fillo
Desta volta, fixen o debuxo á man pero, dado o tamaño da folla, tiven problemiñas para escanealo con xeito (i.e. sen ter que facer un puzzle en photoshop) así que a calidade da imaxe non foi toda a que podería ter sido.
En fin, cuestións loxísticas á parte, saqueille unha foto para que se vira un pouco máis o detalle da acuarela que o escáner barateiro da copistería deixou polo camiño.
16/10/13
Setembro en fotos
Ultimamente vou tarde. Pero vou.
Desta volta, non poño excusas, só fotos.
Como vos dixera, estiven de vacacións. Aquí tedes algunha imaxe dos nosos días por Cascais, Sintra, Obidos e Aveiro. Dentro de pouco, tocan máis viaxes. Aí si que vai ser difícil escoller... Pero xa vos contarei.
Bo outono!

27/09/13
In absentia
Non é que estea eu vaga, é que estiven de vacacións. Bloguear dá máis que facer do que parece e non sempre é fácil seguir o ritmo, sobre todo cando hai mil cousas trotando pola cabeza dunha.
Será por excusas, eh?
Pero non teñen por que ser malas excusas... Ás veces hai que esquecer onde traballa unha e deixar que o sol dea na pel (tampouco moito), ollar para unha libreta en branco e que non importe moito que non saia nada, pasear por sitios novos e vellos... En fin, pasamos uns días por Portugal adiante aproveitando o pouco que lle quedaba ao verán (vista a tormenta que nos deu a benvida de volta en Vigo), uns días dos que espero que saia algunha fotiño boa. Sobre todo das analóxicas, que xa había tempo que non sacaba a cámara a pasear, e nótase: teño catro carretes para revelar. Haberá broza, sempre me esquece que carrete hai na cámara cando o deixo a medias e non é o mismo pensar nunha foto en cor a 100 ASA que en branco e negro a 400... Ou iso penso eu, que de fotografía sei tirando a pouco.
En resumidas contas, moito rollo e nada que contar, así que vos deixo unhas pinceladiñas de cousas que me inspiran estes días:
Coñecedes máis páxinas coma estas? Ilustradores/as que mereza a pena coñecer? Contádeme, que o feedly sempre ten sitio para máis :)

De Sin Zapatos |
De Joana Santamans |
De Amaia Arrazola |
Coñecedes máis páxinas coma estas? Ilustradores/as que mereza a pena coñecer? Contádeme, que o feedly sempre ten sitio para máis :)
20/09/13
O raposo da neve
Na neve porque si. Porque me apetece a min.
Ou porque eu quería facer un mapache pero nos bosquexos a cousa non me convenceu. A verdade é que teño certa debilidade cos raposos (decorativos, sobre todo, sirva de exemplo: 1, 2, 3, 4) e despois de pensar en cambiar ao raposo veume á cabeza esta canción e non houbo volta atrás.
O fondo recórdame ao xelado de menta (cousa boa). Penso que quedaría xenial cun marco negro lisiño.
Os raposos están feitos cun selo de goma vinílica (xa vos amosara aquí e aquí canto me gustou o descubrimento desa manualidade) e pintura acrílica. Están postos ao chou porque, despois de facer moitos números, me guiei pola técnica do "que carallo". E un deles, só un, está na neve.
18/09/13
Cervo xeométrico
Tiña eu teima de debuxar un cervo xa hai tempo.
Vin varias fotos e ilustracións en Pinterest para inspirarme, aínda que o resultado final non é a idea inicial. Estas cousas van cambiando e hai que facer probas, que se non, non se aprende. Eu o de pintar dentro das liñas teño que practicalo ben, a verdade :)
O resultado gústame, aínda que as cores non se aprecian ben na foto: teñen un brillo estraño (e con flash a cousa non melloraba).
Son só catro cores: carmín, verde, amarelo e azul, rebaixados. O que ía ser un fondo de anacos xeométricos tamén, pero en branco e negro, acabou sendo gris, texturizado un chisquiño con branco aplicado con pequenos golpes de brocha e pincel.
Gústavos?
13/09/13
Agosto en fotos
Estou de volta! Xa sei que dixen un par de semaniñas e aínda pasou case unha máis, pero o de descansar é un ben necesario. De feito, hoxe comezo as vacacións (e vaia falta facían). Podedes imaxinarme dando chimpos e con cara de lela. Dáme igual. Teño vacacións.
Peeeero iso non é motivo para non deixar programadas algunhas entradiñas das cousas que fun facendo, comezando, claro, polas fotos de agosto.
Estounas vendo e semella que o Marisquiño foi hai ben máis tempo do que en realidade foi... Ou a Feira do Libro da Coruña, xa postos. Seguramente por iso sempre me dá a sensación de que levo séculos sen actualizar, pero un descansiño pequeno non é tanto, que este ano está sendo un non parar. Un non parar bon, pero un non parar.
Lémonos!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)