08/03/13

Cousas que molan


Un apunte rápido, que estamos de finde e hai que folgar!
Hai pouco descubrín esta páxina, HITRECORD.org e quería compartila con vós.

Máis que páxina, é unha comunidade virtual moi interesante. Eu, por agora, só estiven curioseando, pero teño moitas ganas de colaborar. Como se colabora?  De moitas formas! Se falades inglés, xa volo explica o creador da comunidade aquí (ou no video do inicio da páxina). Se non o falades, igual vos é máis complicado remexervos...

En fin! Sexa como sexa, esta comunidade baséase na colaboración artística: unha persoa sube unha peza (ou "record"), e esta ponse automaticamente a disposición do resto da comunidade, que a pode mesturar, facer un remix, lle chaman e así sae unha peza nova. Pode ser un texto ao que logo se lle pon voz, imaxe e son... Pode ser unha imaxe que se retoca e transforma noutra... Hai moitas posibilidades!

Tamén saen colaboracións que buscan contribuidores, polo que se pode axudar e facer un traballo combinado para crear cousas xeniais: películas, curtas, historias, arte visual, gráfica...

Sei que moitos diredes que o de poñer unha obra dun para que a toquen outros non mola nada... Cada un é libre de compartir (iso si, os dereitos son sempre do creador), pero non me digades que apuntarse a unha colaboración molona non é unha grande inspiración? Eu penso que si, e espero sacar tempo para colaborar algunha vez.

Are we recording? :)

3 comentarios:

  1. Hay tanto por onde remexer na rede que che agradezo moito que remexas por min :-)

    ResponderEliminar
  2. Estiven vendo algún dos videos da páxina, que é unha temática que me interesa. E gustáronme moito!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. :) A min encantoume! En especial as procuras activas de colaboracións, é máis fácil saber que subir... Para min é bo para inspirar ilustracións, que ás veces fai falta apoio!
      A ver se nos animamos :D Apertas!!

      Eliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS