Lembrades o boceto? Pois despois de escanealo púxenme a darlle cor por partes:
Primeiro cor plana e logo noutra capa, en modo "multiplicar", as sombras.
Os efectos da barba e do pelo da roupa son pinceis de efecto acuarela, superpoñendo capa normal e logo capa en modo "multiplicar" de novo.
Para o vestido da princesa usei pinceis de herba. Cando me puxen a comprobar unhas cousas quitando a capa na que tiña o trazado, dinme conta de que o efecto de que as liñas fosen brancas me gustaba moito, así que xoguei con iso para o resultado final:
A pola seguinte! :)
Quedouche preciosa. Un verdadeiro rei e princesiña para un reino de bolboretas...
ResponderEliminarGrazas! Pronto máis :) É un gustazo aprender así, a verdade!
EliminarOla Sabela..este é o meu terceiro comentario..xa estarás farta de min, jaja..quería agradecerche que expliques dun xeito tan sinxelo como facer os debuxos dixitais...(a min préstame moitísmo debusxar, pero non estou entrenada niso do deseño, mais lle vexo posibilidades bonitas...). Algún día farei algo e probarei os teus truquiños...gracias por ser unha artista xenerosa... Gústame o teu mundo luminoso..Saúdos!!
ResponderEliminarOla! Déchete un bon paseo polo blog, moitas grazas!
EliminarE grazas polos teus comentarios.
Eu tampouco estou entrenada no deseño e as cousas que sei, a maioría, son de fedellar e de ver tutoriais de youtube. Hai que probar e ir aprendendo!! Non te perdas os blogs de Arianeta e de Macus Romero (por exemplo, hai máis!), teñen videos e paso a paso de ilustración que dan unhas ganiñas de probar...
Grazas de novo!