|
Acuarela sobre lápiz |
|
Sombreado con lápiz |
Como vos contei o outro día, á miña morsa faltábanlle cores. Aínda que o papel non era o axeitado (pouca gramaxe), decidín poñerlle as cores con acuarela. Outro(s) día(s), coa acuarela seca, sombreei con dous lápices (un máis brando e escuro, un duro e clariño), ata dalo por rematado. Podería telo traballado un chisco máis, pero estou moi contenta co resulatdo e é un bo entrenamento. Bótolle en falta os bigotes, pero despois de pintado e sen ter reservado os brancos, a cousa non quedaba tan ben como me gustaría. Iso si, o meu amigo (e artistazo!)
Marcos xa me dixo como facer e penso armarme cos materiais e probar a facer reservas de brancos moi pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...