15/10/09

Amor carnal



O seu foi un amor carnal.

Comezara con algunha peituga,
algún musliño, inocente coma un bico na meixela.

Logo, aproveitando un churrasco
e a desaparición da muller do carniceiro
–mira que deixalo así, lurpia–
ela aproveitou para avanzar na súa estratexia.

 Pasaron cordeiros, criollos e chuletas e,
co tempo, a luxuria foise tornando entrecot recíproco.

Fixérono sobre o mostrador,
no conxelador, rodeados de medios porcos
e porcos enteiros.

O seu si que era amor carnal.

Houbo tempo despois un rumor.
Ela abandonouno. Desapareceu.

Mira que deixalo así, so vaca.

Anda, Ramón, ponme uns filetiños,
pero que non sexan coma os do outro día,
que estaban algo secos...

É que aqueles lle eran de vaca,
dona Herminia,
dunha mala vaca.

9 comentarios:

  1. aaaah!! me encanta!
    ahora me dan ganas de renovar el mío, qué de cosicas por diorl...

    y el amor carnal me ha dejado sin palabras. ya sabía yo que el de los carniceros siempre había sido un gremio peliagudo.

    mua!

    ResponderEliminar
  2. Recordame a Dahl. Humor negro, primi, o mellor para esbozar unha sonrisa dun so lado.

    ResponderEliminar
  3. Gracias, pícaras! Tou emocionada con retomalo! A ver se vou tirando millas como debera! Bicasos a feixes!

    ResponderEliminar
  4. Por Diooooosss, creia que se te había tragado la blogosfera!!! Como me encanta leerte de nuevo!!

    Besazos guapísima, ahora mimo me pongo el link ja ja ja

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Dani, he vuelto, he vuelto. y los comentarios dan mucho ánimo para no dejarlo otra vez, no te vayas tú a creer!

    Xan, benvido! Gustoume moito o teu blog, gardo a ligazón! :)

    ResponderEliminar
  7. Xa dicía eu que non debía fiarme dos carniceiros... Gusto dos teus textos, escasos pero moi proveitosos.
    Benvida de novo.

    ResponderEliminar
  8. Qué bueno, mi niña... qué bueno que volviste :)

    Mua.

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS