17/06/10
Desculpas
Por primeira vez dende que blogueo (e xa van uns cinco anos), veño de borrar unha entrada publicada. Por iso, pido desculpas. Unha vez repousada, pareceume que me pasara. E, non vou mentir, tamén teño en conta a crueldade da rede, que todo lembra e convirte en arma. Así que vos pido desculpas pola miña falta de profesionalidade. Pero só a vós.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Sempre hai aspectos da nosa vida que están xusto no límite do que queremos amosar e creo que a mala hostia é un dos máis evidentes. É lóxico que á hora de afinar eses límites haxa veces nas que sintamos que nos equivocamos, que pisamos terreo perigoso e que queremos recoller a patiña e borrar as pegadas... Eu creo que iso só pasa se o que escribes é honesto e che toca de verdade. Non me parece que teñas que desculparte por iso. Bico grande
ResponderEliminarMe quedo con las ganas.
ResponderEliminar