14/06/10

Descorazonador

Hai anos eu era tirando a vaga. Xa dicía meu pai: "Preguiciña, queres pan? Quero, quero, se mo dan!".

Pero o tempo ensina, para ben, normalmente, e desta volta puxen toda a carne no asador.

Vin unha oportunidade de demostrar, máis a min mesma cá ninguén máis, que con esforzo e adicación podía fuxir da mediocridade (e mesmo collerlle algo de vantaxe).
Polo camiño, conseguino, demostreime que era capaz de superar as probas, e con nota. Claro que, no mesmo camiño, a outros empurráronnos á meta, aínda que non correran tanto.

E agora, toca a última proba. E é das miñas. Teño absolutamente todas as papeletas para me desmarcar, para o gordo. Alén do estudiable, levo preparándome para isto máis de vinte anos. Vouno bordar, vou romper a pana, vou reinar.

Pero non vai valer de nada.

E iso descorazóname, coa facilidade punzante coa que se descorazona unha mazá. Non arredo, non, pero perdo a miña habitual esperanza, o infantil positivismo de cotío.

Mañá irei facer o exame sen corazón, pero, se cadra, é mellor así. Mellor sen corazón que con el cheo de veleno.


now pick up your pencil 
and turn over your test
use your education
and make an educated guess

2 comentarios:

  1. E como foi o exam? Ao ver as tres p's estame entrando unha fame post-siesta...
    Teño moitas ganas de verte.
    bks

    ResponderEliminar
  2. Mañá, mañá martes ás 9:30... é de inglés, non creo que teña duda, pero logo o das puntuacións éche outro cantar!
    Eu a ti tamén! Entre que me movo pouco de Vigo e vou pouco á casa, esto é un disastro, cando vaia avísote, a ver se cadramos!
    Bicasos!

    ResponderEliminar

Dime que pensas...

ETIQUETAS