Eles non se decataban da diferenza.
Sempre había dúas dimensións
e os tubos catóditos, LEDs, píxeles ou o raio que inventaran os humanos
non lles amosaba ningunha imaxe realmente alterada.
Antes chamábanlle a caixa tonta,
pero agora, mesmo se non era máis lista,
xa non era unha caixa.
Un home lamentouse.
Acontecerá coma co teléfono,
a rodiña dos números,
o rrrrriiiiiiinnnnnng...
alguén será a última persoa en esquecelo.
E o que un día foi tecnoloxía
quedará,
con sorte,
nun museo.
Imaxe: Shaun Tan
Yo ya tengo un poco de esa tecnología en mi museo privado ;))
ResponderEliminarBesos guapa, me alegra mucho volver a saber de ti.
Non o dubidemos. Algún día todo isto será só arqueoloxía.
ResponderEliminarArqueoloxía vai ser o blog como non o actualice pronto :)
ResponderEliminarGrazas polas palabras.