hai un camiño que leva a todas partes
e a miña máquina es ti.
A sístole e diástole tórnase explosión
e o noso rir enxordece o Mississippi
(porque o Mississippi ten máis glamour que o Xunco,
porque de lonxe todos somos caviar).
Fronte ás pedras vellas
disparamos para atrapar imaxes
por medo a que as borre a retina
(e odio que
fronte ás pedras novas
non sexa igual).
Porque as pedras novas han ser vellas
coma nós
e liscarán ceibes da memoria,
varrendo recordos,
facéndonos crer que nunca fumos nenos
e sempre seremos calvos.
Foto: Sabela González - Covas, 2011
Algúns somos calvos :) , e somos nenos emocionados diante de palabras lindas e versos ben conxugados coma estes.
ResponderEliminarMoitas grazas, náufrago :) Non hai mellor cousa que seguir sendo un neno emocionado... e esa calvicie ben sei que é para deslumbrar mesmo dende o alto ;)
ResponderEliminarAy belukinha no sabía que aún andabas por aquí y menos que me visitaras de vez en cuando.
ResponderEliminarMe has hecho el tío más feliz al saber de ti. Recuerdas hace 5 años? Que mal lo pasé y mirame ahora!!!
Besados enormes guapísima