Lembrades a Amaia? Ten ilustración nova para a revista Ling, de Vueling.
O Gregor Samsa de Amaia Arrazola |
Teño fame. E estas patacas asadas non axudan:
Visto en Amiloquemegustaescocinar.com |
E logo isto está ben para a fame futura: métodos de conservación. Sempre está ben saber destas cousas. Sobre todo se nos temos que botar ao monte nesta era apocalíptica...
Pero non esquezades! Mesmo na nosa horta post-apocalíptica, hai que comer de temporada! Xa está Mikel López Iturriaga, aka El Comidista para vos informar: Que comer en outono. Eu coas cabazas, as castañas e as espinacas (frescas, a poder ser) son máis que feliz.
Momento decoración! Con cousas bonitas coma estas:
Non hai como libros para decorar... Visto en Designsponge.com |
Pero uns bos cadros tampouco están nada mal! Visto en ruevintage74.com |
Visto en Kireei |
Déixovos coa decoración cunhas ideas para colgar cadros.
E pasamos a un variao!
O outro día contábavos dunha carreira en Samil, lembrades? Pois dado que se cancelou polo mal tempo que fixo agora ten unha nova data: o 4 de novembro. Tedes toda a información en Vigo LowCost.
Máis iniciativas, a ver se vos animades: desta volta é un certame de literatura erótica, o Illas Sisargas. Botádelle un ollo, que pode ser interesante gañar 1.000 euriños cuns versos de paixón!
Isto son bos consellos de produtividade: o mal amigo email ao que respondemos con excesiva celeridade... E eu son desas, moitas veces, por non telos diante, pero hai que pensar que non sempre conleva eficiencia! Védeo aquí.
E logo hai malas cousas. Que pasan. E non debemos esquecelas. De golpes, de recortes e de presupostos vai a cousa.
E isto sobre os fillos nos tempos que corren, que tamén é algo triste.
Boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...