A visita comezou no Arco do Triunfo. Está nunha rotonda inmensa con amplas avenidas.
Arco do Triunfo - Foto AST |
Unha delas é a dos Champs Elysées, a que nos collimos ata cerca da Place de la Concorde á que foramos o día anterior. Nesta rúa hai tendas a flipar, concesionarios con exposicións que parece ser que tiñan cousas interesantes e edificios maxestuosos. Fano todo ao grande, estes franceses. Pero non repetimos ruta, nos xardíns collimos por entre o Grand Palais e o Petit Palais (chámanlle pequeno a cada cousa...), hai monumentos conmemorativos, moito orgullo patrio e demais.
We shall never surrender, Winston Churchill - Foto AST |
E chégase ao río, neste caso, pola ponte de Alexandre III, que leva aos Invalides. A ponte é chulísima e o edificio, outro tanto, aínda que xa me pillou tan insolada que me importaba tirando a pouco.
Na ponte de Alexandre III - Foto Sabela González |
Tras comer algo rápido, tocaba mitiquez: a Tour Eiffel! Podes vela mil veces, mola igual. Iso si, no canto piares parece que ten turistas suxeitándoa.
Que vai ser! A Torre Eiffel - Foto AST |
Subir foi inviable (imposible, inintentable!), pero vímola dende varios sitios e disfrutámola ben, seguindo logo o río pola avenida de New York, o paseo do río, basicamente. Dende a carón do Pont de l'Alma collimos o metro á zona das Galeries LaFayette. Se credes que algunha vez estivestes nunha tenda petada, ide aí. Hai colas, destas con separación de cintas coma as dos aeroportos, para entrar mercar! Iso si, todo asiáticas e asiáticos. Fabrican todo e veñen deixar as perras a París, así como volo conto. Merece a pena, de todos xeitos, ver a cúpula das Galerías. E logo saír pitando! Ao ladiño está l'Opéra, outro edificio magnífico, con bustos de compositores famosos e estrutura redondeada, precioso.
L'Opéra - Foto AST |
De aí, subimos andando ao hotel, ao ladiño do Moulin Rouge, por se non volo dixen (hé!), botámoslle unhas cañas, unha boa cea (aínda que nada parisina) e durmir, que isto cansa!
Le Moulin Rouge! - Foto AST |
pois díxome miña sobriña que o moulin rouge está nun barrio non moi recomendable!
ResponderEliminar:-)
cansame só de lerte, por algo aínda non fun a parís. Animareime? mellor no inverno? iso que dixeches de "estar insolada" xa me arrepía...!
Boísima a túa interpretación parisina! A zona do Moulin Rouge desmellorou moitísimo. A min deume bastante medo hai ano e medio.
ResponderEliminarZeltia, no inverno debe de pelar de carallo! O bon do barrio ese agora, bueno, no verán, era que hai movemento xove para unhas cañas e non dá medo ao ser o día tan longo... Eu ía con algo de respecto, pero a verdade é que me gustou, tampouco é cousa de meterse por calellas! Éche para gustos! Con todo, xa che digo que Berlín supera a París de largo (pero hai que ver París, anótao ben!).
ResponderEliminarCris, graciñas! Debeu desmellorar, debeu, pero a Rue des Abesses a min pareceume encantadora! Iso si, recoñezo que en inverno non tería estado ata tarde por alí (tampouco dá a pasta co prezo que teñen as birras!)
Bicos e apertas ás dúas! E grazas por pasarvos ;)