Ilustrador novo atopado e hearteado, que diría o outro: Jon Klassen. Os libros teñen unha pintaza. Ou será que me perden os álbumes ilustrados para pequechos...
|  | 
| Jon Klassen, máis cousas na súa web e en Designmom | 
|  | 
| Ilustración de María Nóvoa | 
Toca comida? Comida logo!
Teño unha palabra clave que fai calquera cousa deliciosa: palitos. "Forma de", nada de cangrexo de pufo que dá alerxia igual. Palitos de berenxena! Snack para tontos, aí vou!
No blog de Rachel Khoo vin estas mazás asadas con hojaldre, a receita está neste outro enlace!
|  | 
| Apple Puff Pastry Parcels de Rachel Khoo | 
Téñolle ganas tamén a esta crema de alcachofa. Non vos metades coas alcachofas, que dan para moito! Outra crema-salsa que ten pinta de rica é a que fixo El Comidista nesta receita con ovos e salchicha, leva pemento e berenxena e chámase ajvar, parecido á torre pirola de Barcelona, ou?
Remato coa comida co que aprendín esta semana sobre as diferentes cabazas, moi interesante!
|  | 
| A cabaza Pattinson (de Crepúsculo), visto en Directoalpaladar | 
En Literautas teñen un agasallo para escritores/as: un colgador de "non molestar". Eu vouno imprimir, aínda que non teña quen me moleste pola tarde...
Decir que isto mola é pouco dicir. Que tal se comezamos a preparar disfraces do Samaín con papel? Atención a estes animais!
|  | 
| Descargables para se disfrazar de animaliño! Visto en Kireei | 
Falando do Samaín, novas tarxetas de Halloween de Wilt&Whistle:
|  | 
| Visto en Whilt&Whistle | 
Atención a este plano: é de película!
|  | 
| Visto en Nometoqueslashelveticas | 
Considero que os de PopChartLab nos deixan clarísimas as redes sociais nesta sinxela imaxe. Tomade nota:
|  | 
| Visto en PopChartLab | 
De decoración traio pouca cousa. Só un puf que me está tentando...
|  | 
| Un puf de punto. Mola! Visto en Vintage&Chic | 
Máis cousas!
Andas por Londres e o da creatividade éncheche o ollo? Bótalle un ollo a esta plataforma: Círculo Creativo London. Non hai iniciativas malas, non é?
E para pechar, hoxe paso de malas noticias, gústanme máis as boas. Coma as de libros.
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...