Ti serás o capitán
do noso barco.
Levarás un chapeu cunha caveira
e guiarás o navío surcando os mares.
Loitaremos con canóns contras a bestas mariñas,
atracaremos en portos ignotos
e probaremos suculentos bocados en novas terras.
Ti serás o capitán
e ensinarasme un mundo novo.
Ti serás o capitán
da nosa caixa de cartón.
Levarás un chapeu de papel de periódico
e sentarás no teu cartón no garaxe.
Guindaremos pelotas de tenis por furados feitos no cartón,
sairemos ao xardín,
iremos merendar á cociña.
Ti serás o capitán
e eu ensinareiche o mundo que xa coñeces.
E diranme infantil,
pero eu, simplemente, prefiro o teu mundo,
prefiro o meu mundo,
no que as caixas de cartón son barcos
e ti e máis eu somos piratas
que rescatamos aos inconscientes da súa absurda realidade.
Cáeme a baba co pai e como avó con tanta imaxinación e sensibilidade. Non debían medrar e o mundo sería un paraíso
ResponderEliminarGracias :) Iso si, a min o de medrar aínda me está prestando, semella unha avalancha de cousas novas por ano! <3
ResponderEliminarComo decia Waits, "..Dime Capitan valiente, porque los malos son siempre tan fuertes..."
ResponderEliminarYo también quiero ser Principito en mi pequeño mundo ;)
Besos infantiles
Con tu permiso, Beluka, le vamos a poner una pequeña banda sonora a este encantador proyecto de futuro:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=H3Z5_KlPAsE
Y qué guapo Adrián.
Oh, Serrat, qué bien! Esta la he escuchado en mi casa bastante :D Gracias!
ResponderEliminarQuién no quiere ser principito, Dani... hay que guardarse el mundo de uno, que si no se estropea con deudas y tonterías de mayores.
Adrián es el mejor :) Mi primer sobrino y una envidia de niño, la verdad.
Precioso, Belukiña! A verdade é que todos moitas veces dicimos ou pensamos: "Ai, eses aniños, quen os pillase"
ResponderEliminarBonito. (fermoso??)teño dous fillos, sei que é xogar e ser neno de novo. Que Maravella
ResponderEliminar