Dóeme un dedo.
Cando era pequena chamábase a puñeta.
Agora chámase o corazón.
A misma cousa é...
É a mesma puñeta que esnafrei contra aquel coche,
lembras, mamá? Cando abrín tamén a cabeza?
Vaia se lembras...
Abríraselle unha boa raxa,
ao dedo,
e facíame as curas un enfermeiro que se me parecía a Felipe González.
Pero claro, co da cabeza o dedo non levou protagonismo,
debe ser por iso que se me queixa vinte anos despois.
Está gordo e barrigudo,
pouco mol e decaído,
doe ao dobralo cara a dentro,
e doe ao estiralo cara a fóra.
Maldita puñeta,
será de usala pouco.
Vou ir ao médico
(eu non quería, pero leva así unha semana e o Flaco púxoseme perrenchudo)
e direille
"Mire usté,
dóeme a puñeta dereita
e, como son zurda,
non lle é a man de insultar,
nin de escribir, nin de pintar,
debe queixarse de pouco uso,
e iso que o teclado non discrimina entre maus".
(É que nós dicímoslle "mau", coma a cervexa)
E el dirame algo de médicos...
por non facerme a puñeta.
Pero aínda a ha erguer cando marche,
porque unha puñeta dorida é para a medicina
como cortar as puntas para a perruquería:
un aburrimento.
Eu digo por avisar:
se vedes unha moza facendo a puñeta
por Príncipe adiante,
vai ser que son eu,
que teño que practicar.
Pois si que te inspirou o dediño pocho eh!!!
ResponderEliminarPonte boa!!!
Gracias :D Teño médico ás 6 e pico, a ver se non me manda facer puñetas logo, jajaja. Bicos!
ResponderEliminarEn Ourense dicimos mao... coma o tung... sempre quixen ser zurdo...
ResponderEliminarNon é bo aturar a dor, que eso sí que é unha puñeta!
ResponderEliminarE cando doe unha cousa, mesmo semella que todo vai dar nela; á que si?
Un bico dende a Chousa
Vai ser que os nosos membros, puñetas incluídas,
ResponderEliminarteñen mais memoria do que pensamos e lémbranse dos golpes recibidos moitos anos atrás, rancorosos e puñeteros que son.
:D
ResponderEliminarMe encanta!
Puñeta y corazón no son sinónimos: son sinoníssimos :)
Mua.
(Cuídateme)
:( Mellorate, bicos.
ResponderEliminarQué guachi o poema, encántame... pois ala, a darlle uso ao dedo corazón!
ResponderEliminarAi! Moito me gusta este blog...
ResponderEliminarGracias, gracias :)
ResponderEliminarEspero actualizar pronto! Volvede para a semana a ver, jajaja :*
alaaaaaa que chulada tíaaaa! ¡bicos!
ResponderEliminarNon é cousa de que se perda ;)))
ResponderEliminarAtopeite na cova do Raposo. A ver se non te extravío...
Saúdos.
Anótote ao reader, setesoles! Lémonos!
ResponderEliminarAna! Graciaaaaaas! :)