23/06/12

GUSTOUME... (3)

Chegou o verán. Aviso, por se se vos pasou.
E que houbo de novo esta semana? Pois, aparte das miñas vacacións, unha semaniña que remata tan subitamente como chegou, algunhas caralladas que descubrimos pola rede.

De tengounhornoysecomousarlo.com
Para quitar a fame, unhas hamburguesas con piña. Di si á piña asada! E facendo nós o pan da hamburguesa xa triunfamos

Como facer unha libretiña cosida.

Descubrín que nos 80, Apple lanzou unha liña de roupa. Coidado, poden arder as retinas.

Unha nova entrada de Cómo no ser una drama mamá. Sempre saca unha risiña.

O booktrailer de Dragal, a triloxía de Elena Gallego publicada por Xerais.

Gústanme as bicis clásicas (aínda que en Vigo o da bici non é unha opción, alomenos para min) e aquí véndenas ben bonitas.
E máis de bicis, unha iniciativa ecolóxica para a mensaxería en Vigo.

Seguindo por Vigo, alternativas para ir de compras fuxindo das grandes cadeas. Encántame Terra de Baol e tamén Vilma, claro que para esta si que hai que aforrar abondo...

Unha imaxe vale máis ca mil palabras.

Un póster molón. E outro máis:

Visto en nometoqueslashelveticas.com
Non lle facía eu asco ningún a vivir neste "apartamentiño".


Vía Vintage & Chic
Esta casa éme branca de máis, pero qué cociña...

Via Rue Vintage 74
Ei, e eu tamén actualicei, vístelo? [1] [2] [3]

Boa finde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Dime que pensas...

ETIQUETAS