Visto en PopChartLab |
Como esta semana comeza a Feira do Libro sigo cun. Pero un peculiar: un libro que non pode esperar...
Se ides estar pronto por San Sebastián non vos perdades esta iniciativa: unha panadería "pop-up", lle chaman. Seguindo coa comida, por enfiar aínda que só sexa un pouco, gústanme as verduras á parrilla, coma estas. E esta salsa ten boa pinta... haberá que probala!
Remato o tema culinario cun gran post: que está de temporada no verán? Descubrídeo aquí, que hai que comer san e barato!
Unha cousa molona: animais de corcho.
Visto en Nometoqueslashelveticas.com |
Visto en Decoesfera |
Se, coma min, vos gusta o sonido da choiva, podedes probar este disco. Aínda que de prezo vos vai saír mellor visitar SimplyNoise, que ten unha preciosa tormenta para descargar gratis.
En Disquecool recopilaron unhas cantas cabeceiras de series míticas (dos 90, para os que pasamos da trintena e nos empeza a morriña adolescente).
Este é outro bon recopilatorio: por se vos pasa pola cabeza algunha tolería como casar, non vos perdades o monográfico sobre vodas low-cost que fixeron en VigoLowCost. Todos os post están nesta etiqueta.
Unha boa lección: a boa produtividade, pero a que vén de dentro.
Arte en vaixelas... Pois si que se pode, si...
Visto en Con botas de agua |
Visto en Compradiccion |
Tamén estas ideas, a ver como colgo eu os cadros no pasillo, que xa toca...
Fuxindo do caso da xente que ten libros de mentira (cousa moi triste, se me permitides o comentario), mólame esta idea: almacenaxe oculto tras lomos de libros. Así podes ter todo ordenado ou agochado e a estantería non delatará o que ten dentro por algures!
Visto en Decoesfera |
Visto en Designmom |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Dime que pensas...